luns, 18 de maio de 2020

FASE 3 TRABALLO DO CÓMIC: CÓMIC FINAL


FASE 3: CÓMIC FINAL (PRAZO XOVES 21 DE MAIO): esta semana ides entregar o cómic propiamente dito. Tendo en conta as indicacións dadas durante a corrección do boceto, mellorarédelo e entregaredes o cómic final. Tedes que enviarllo tamén a María Nión. Volvo a repetir aquí as instrucións cos detalles finais:
  1.  Como é unha actividade para Lingua castelá, ademais de para Xeografía e historia o traballo deberá estar escrito en castelán.
  2. Terá un mínimo de catro viñetas.
  3. Agora si que tedes que facer un esforzo maior que no boceto para debuxar o mellor posible as vosas personaxes. A forma do debuxo é libre, podedes facelo do xeito que prefirades. É recomendable repasar con rotulador as liñas feitas con lapis, pero repito, é totalmente libre.
  4. O cómic debe incluír xa os diálogos definitivos.
  5. Deben aparecer a ambientación, o monumento e as personaxes que preparastes no traballo da semana pasada. Poden aparecer outras personaxes se queredes, pero non vos pasedes, porque nisto das tiras cómicas, menos é máis. O monumento ten que aparecer polo menos nunha das viñetas, pero non en todas.
  6.  Debe ser una tira cómica e, polo tanto, será máis ben breve e incluirá un xiro cómico, como os exemplos que vistes en Lengua de Mafalda, Garfield e Calvin e Hobbes.
  7. Debe ter texto, aínda que non fai falla que haxa diálogos ou cadros de texto en todas as viñetas, mais si na maioría.
  8. Entre os textos que aparezan, mínimo unha das personaxes debe de utilizar o seu latinismo preferido. Podedes utilizar máis de un, ou algunha das expresións que vimos a semana pasada.
  9. Debuxade as viñetas coa axuda dunha regra. Podedes inspirarvos con este vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=N0_reAXVYYM
  10. Poñédelle un título á vosa tira cómica.
  11. Se lle ides poñer título ao documento (no caso de envialo a ordenador ) que o nome sexa como neste exemplo: NereaMiguélez1A
RECUPERACIÓN 1ªAVALIACIÓN (PRAZO LUNS 25 DE MAIO): Debedes facer os seguintes exercicios sobre a Prehistoria, a man ou a ordendor. Se o facedes a ordenador poñede o voso nome e curso como nome do documento. Exemplo: NereaMiguelez1C.






Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...