luns, 27 de abril de 2020

SOCIEDADE ROMANA


Ola chicxs! Espero que esteades todos ben. O primeiro dicir que estou moi contenta cas vosas reseñas de Astérix e Obélix desta semana, son todos uns traballos estupendos!

Dito isto explícovos os pasos a seguir esta semana e abaixo unha actividade de recuperación da 2ª avaliación:

PASO 1: Ver as explicacións sobre a sociedade romana e as mulleres en Roma. Estes vídeos vanvos axudar para a actividade conxunta con lingua castelá da semana que ven. Polo tanto recoméndovos a súa visualización esta semana:

Sesión 1: A sociedade en Roma (apartados 3.1 e 3.2 dos apuntes) (12 minutos): https://www.youtube.com/watch?v=UZglt0pjir4&list=PLfAmNbeSBRG9FVzFqKx2InVTSzdh9hgTA&index=5&t=0s

Sesión 2: As mulleres en Roma (apartado 3.3 dos apuntes) (7 minutos): https://youtu.be/EddQ3xk0vQw

PASO 2: Ver algún destes vídeos de youtube que vos poden servir igualmente para a actividade da semana próxima, e que son moi interesantes:

Os espectáculos do Coliseo de Roma: https://www.youtube.com/watch?v=brT0H9ZnAws

Como era vivir no Imperio Romano?: https://www.youtube.com/watch?v=2j-mRWQmA6s

 9 maiores riscos de vivir na antiga Roma: https://www.youtube.com/watch?v=iZ1nFBELo3o

Como era ser neno na antiga Roma: https://www.youtube.com/watch?v=SAmqYjM_v2w

PASO 3: Prestade moita atención á explicación da profesora María Nión sobre os cómics pois vaivos servir para a actividade da próxima semana. Imos seguir traballando en conxunto estas semanas, polo que esta semana me remito á súa explicación para posteriormente pedirvos algo en conxunto.

PASO 4: Esta semana non hai actividades obrigatorias en historia.

PASO 5: ACTIVIDADE VOLUNTARIA: ART CHALLENGE (PRAZO LUNS 4 DE MAIO): Quedades oficialmente retados a realizar un art challenge.  Seríades capaces de reproducir unha obra de arte nas vosas casas? O reto consiste en escoller unha pintura ou escultura e intentar reproducir o cadro vós mesmos con cousas que teñades pola casa. Podedes aparecer con calquera persoa que se queira sumar ao reto, non tedes que só vós no reto!. É un reto que se está facendo moito nas casas co que tedes dispoñible nelas. 

 Teriades que mandarme ao correo a vosa foto e a do cadro real, así como o nome do cadro, o seu autor e o ano ou época aproximada na que se fixo, e unha breve descrición na obra (se atopades os datos). Se queredes tamén me podedes comentar no correo con que materiais fixéchedes o reto. 

Quen o faga será tido en conta para nota como positivo que sume na puntuación dalgún dos traballos que fixemos ata agora, e se tedes un 10 en todas que conte como positivo.

En clase estudamos un montón de obras de arte. Seríades capaces de convertervos no Laocoonte, na Vitoria de Samotracia, escenificar  ou o papiro do Libro dos Mortos co Xuízo de Osiris? Non tedes que facelo dunha obra da Historia Antiga, nin de unha obra que estudamos,  pode ser doutra época e podedes buscala vos.

RECORDATORIO DALGUNHAS OBRAS QUE ESTUDAMOS: LAOCOONTE, VITORIA DE SAMOTRACIA DISCÓBOLO, TRIBUNAL DOS MORTOS, TRÍADA DE MICERINO, AGUSTO PRIMA PORTA DOS APUNTES DE ROMA, ESFINGE DE GUIZA . O ESCRIBA SENTADO, BUSTO DE NEFERTITI, MÁSCARA DE TUTANKAMÓN, FIGURA ORANTE, ESTELA DE NARAM SIM, TRIBUNA DAS CARIÁTIDES, DIADÚMENO, DORÍFORO.

Aqui tedes algúns exemplos de retos xa feitos: https://los40.com.mx/los40/2020/04/03/album-01/1585923899_229004.html

ATREVÉDESVOS CO RETO?

















RECOMENDACIÓNS: RESUMEN DE TODA LA HISTORIA DEL ARTE https://www.youtube.com/watch?v=-LxxI2FcdFE  Aquí temos a unha youtuber chamada Ter  que fai un repaso de toda a historia del arte. É unha youtuber moi entretida e penso que vos pode axudar a escoller algunha obra.


RECUPERACIÓN DA 2ª AVALIACIÓN (PRAZO LUNS 4 DE MAIO): Para facer a actividade da 2ª avaliación podedes descargarvos aquí os apuntes dos temas 2 e 3: Mespotoamia e Exipto. DESCARGAR APUNTES. O traballo consistirá en escribir un relato


        Escribe un relato de extensión máxima e mínima dunha carilla (unha páxina, un folio só por unha cara).
        Este relato é inventado, e o único requisito é que este ambientado na antiga civilización exipcia.
         Cantas máis referencias ao visto en clase mellor, sen deixar de lado a vosa creatividade. Pode referirse a unha persoa humilde, a un faraón, aos deuses, ao descubridor de tesouros ou mesmo a uns ladróns de tumbas, a unha momia, un tesouro, etc.
   Ten que ser inventado pero si pode estar baseado na mitoloxía, lendas ou feitos históricos de Exipto e incluír personaxes coñecidos.
        Podes inspirarte en palabras, nomes, lugares, etc que aparezan nos apuntamentos ou no libro.
   Pode entregarse a man sacando unha fotografía ou a ordenador (eu prefiro a ordenador).
        Tamaño da letra 12, xustificado na marxe dereita (se seleccionades todo o texto e lle dades a Ctrl+J, se poñen todas as liñas á mesma altura.
        Sen faltas de ortografía, facede uso do corrector de faltas en galego!.
        Debe ter un título o máis orixinal posible.
        Podes incluír fotos ou debuxos feitos por ti se o desexas.
        Podes darlle diferentes aspectos, como o dun papiro.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...