luns, 15 de xuño de 2020

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo voso traballo, esforzo e actitude nuns momentos tan complicados. Non foi fácil para ninguén pero vós a pesar da vosa idade demostráchedes as máis das veces madurez e responsabilidade. 

Este ano non foi soamente o ano da pandemia mundial, tamén foi o ano do voso curso de 1º de ESO, e penso que todos temos máis cousas que recordar. Volvendo atrás no tempo, recordo o primeiro día de clase e o nerviosos que estabades, lóxico, empezábades o instituto, polo que este ano foi unha aventura tremenda. Penso que vos adaptáchedes marabillosamente e que en pouco tempo xa estabades a gusto no insti. 

Eu o que recordarei dos meus alumos de primeiro deste ano, é a implicación, ilusión, esforzo e  alegría que lle poñían a todo. Gracias por aceptar todas as propostas cun sorriso e poñéndovos mans á obra sen dubidar. Entre esos momentos podemos destacar as obras de teatro (migraña para a profe incluída no traballo) nas que creábades historias incribles da nada e por uns momentos a clase se  podía convertir nunha pirámide, nun mito grego, etc ao mesmo tempo que sonaba Beyoncé de fondo ou calquera música actual. Neses momentos todos nos sentabamos a ver aos compañeiros e por uns minutos parecía que non estabamos na clase. Moitas gracias por iso.

Tamén podemos destacar os debates, os xogos, os concursos de TV (nos que eu sustituín a Cristian Gálvez como presentador de Pasapalabra), as asembleas gregas (revolución das alumnas con pancartas incluídas), a creación de parques temáticos, informativos dende a Prehistoria, cantar para aprender columnas gregas e moitos momentos máis. En todos eles, non díchedes ningún traballo e axudáchedes a que fose moi fácil realizar todas estas actividades. Moitas gracias por iso tamén.

Teño que mencionar o mes de febreiro porque sen darnos conta convertiuse nun dos meses máis divertidos do ano. Sin ser obrigatorio, esforzáchedesvos moitísimo e entre todos pasamos o mes creando coreografías, facendo piruetas (bueno eu nesa parte estiven máis ausente jeje), bailando e cantando nos recreos e divertíndonos entre todos. Eran ensaios para un día soamente, pero creo que todos disfrutamos moito todo o mes, que en concreto para min foi moi especial.

Soamente vos pido que agora que xa non sodes os peques do instituto, non perdades a vosa ilusión, curiosidade, alegría e positividade por aprender e por facer cousas diferentes. Espero que maduredes sen deixar de ser eses nenos que se disfrazaban e montaban un teatro con música, disfraces e escenario no medio dunha simple aula. Nunca perdades esa ilusión nin esas ganas.

Espero que recordemos este ano non só polos malos momentos se non tamén por todos os bos que foron moitos en todos os cursos, pois como sabedes 1º ESO é un curso moi especial. 

Aos meus alumnos de 1ºA, gracias por esa curiosidade enorme que tiñades e polas ganas que lle poñíades a todo, e iso que sempre tiñamos a última hora clase, pero aínda así o pasabamos estupendamente e aprendíamos un montón, incluso bailamos como zombies e todo (e se escoitaban as pegadas no piso de abaixo). Aos meus alumnos de 1ºB por ser sempre os máis revolucionarios e non conformarse, por darme moitísimos momentos de risas, de reflexión e tamén,  por darme sustos de morte (chicos, o da cobra de goma no ordenador, nunca máis por favor). Aos meus alumnos de 1ºC por ter sempre máis mans levantadas que baixadas, por aplaudir en linguaxe de signos, por deixarme ca boca aberta coa vosa imaxinación e por bailar Queen nos recreos e morrer da risa.


Deséxovos o mellor no futuro a todos. Unha aperta moi grande.

A profe de historia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...