luns, 11 de maio de 2020

FASE 2 DO TRABALLO DO CÓMIC: BOCETO


Ola chicxs estos son os pasos a seguir esta semana:

PASO 1: Ver a explicación sobre os monumentos romanos, así saberedes para que servía cada un: https://youtu.be/wzf01627DpU 

É o apartado 7 dos apuntes. Aquí os deixo por se non os tedes aínda. DESCARGARAPUNTES

PASO 2: CONINUACIÓN DO TRABALLO DO CÓMIC: BOCETO PARA HISTORIA E LINGUA CASTELÁ (PRAZO VENRES 15 DE MAIO). 

Como xa vos adiantamos, ides transformarvos en guionistas e debuxantes de cómic. O voso traballo desta semana consistirá en determinar o tema para unha tira cómica e, ademais, elaborar un boceto ou storyboard. Para preparar o tema e o boceto, debedes ter en conta varios requisitos:
  1. Como é unha actividade para Lingua castelá, ademais de para Xeografía e historia, o traballo deberá estar escrito en castelán.
  2. Terá un mínimo de catro viñetas.
  3. O boceto non ten que estar ben debuxado, nun storyboard abonda con representar as personaxes como formas sen concretar, para saber onde van estar, que estarán facendo. O mesmo acontece cos fondos.
  4. O boceto debe incluír xa os diálogos.
  5.  Deben aparecer a ambientación, o monumento e as personaxes que preparastes no traballo da semana pasada. Poden aparecer outras personaxes se queredes, pero non vos pasedes, porque nisto das tiras cómicas, menos é máis. O monumento ten que aparecer polo menos nunha das viñetas, pero non en todas.
  6. Debe ser una tira cómica e, polo tanto, será máis ben breve e incluirá un xiro cómico, como os exemplos que vistes en Lengua de Mafalda, Garfield e Calvin e Hobbes.
  7.  Debe ter texto, aínda que non fai falla que haxa diálogos ou cadros de texto en todas as viñetas, mais si na maioría.
  8.  Entre os textos que aparezan, mínimo unha das personaxes debe de utilizar o seu latinismo preferido. Podedes utilizar máis de un latinismo. A maiores  e de forma opcional, podedes utilizar palabras en latín que viramos neste tema (Exemplo: urbs, domus, nobilitas, etc) e as que deixo aquí para descargar (en caso de que as vosas personaxes se enfaden con alguén). DESCARGARPALABRAS LATÍN
  9. Debuxade as viñetas coa axuda dunha regla. Podedes inspirarvos con este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=N0_reAXVYYM
  10. O tema consistirá nunha frase breve que conteña o que sucede no texto. Podédelo mandar no corpo do mail ou mesmo como título do boceto arriba do mesmo, ou debaixo.
Recomendacións: sería boa idea que antes de empezar coa seguinte fase do traballo, fixésedes un boceto das personaxes, mais isto non será puntuado nin por María nin por min (non se entrega, só se entrega o boceto cos diálogos).

Aquí tedes un exemplo de boceto ou storyboard (este non ten diálogos, no voso si que deben aparecer):




Cando nos entreguedes o boceto, cada unha responderá con correccións e suxerencias de cara ao cómic final. A súa entrega servirá para dar o visto bo de cara ao cómic final e contará como positivo en ambas materias.

RECUPERACIÓN: Esta semana non hai actividades de recuperación, é suficiente con entregar o boceto do cómic.

Quero recordarvos que tanto a terceira avaliación como a recuperación da primeira e a segunda realizaranse mediante unha avaliación por tarefas. Isto significa que podedes recuperar a materia mediante a entrega das tarefas da terceira e da avaliación ou avaliacións que teñades suspensas. 

No caso de non entregar as tarefas, teredes que acudir á proba extraordinaria setembro cos temas que dimos en clase Temas 1, 2, 3, 4 . Por isto recomendo que entreguedes as tarefas que teñades atrasadas e as futuras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...