domingo, 19 de abril de 2020

ASTÉRIX E OBÉLIX + RECUPERACIÓN


Ola chicxs! Espero que estedes todos ben.  Vou explicar primeiro o que imos facer esta semana e despois explicarei como vai ser a recuperación da materia. O prazo de entrega da actividade desta semana é o Luns 27 de abril.

PASO 1: VER A EXPLICACIÓN SOBRE ASTÉRIX E OBÉLIX E A GUERRA DAS GALIAS: Queredes saber que teñen que ver Astérix e Obélix ca clase desta semana? Pinchade neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=GKGR-6HuJV0 e atoparedes a miña explicación sobre A Guerra das Galias que se produciu entre Julio César e as tribos galas. Nel veredes a relación deste episodio histórico con estas personaxes de cómic. Ten unha duración de 11 minutos.

PASO 2: A TAREFA DESTA SEMANA: LER UN CÓMIC: Nesta páxina poderedes atopar máis de 30 cómics de Astérix e Obélix en pdf. Debedes escoller un para ler ao longo desta semana. Os cómics como saberedes lense rápido porque na súa maioría son imaxes. Esta é a páxina:


Aquí tedes máis páxinas con máis cómics destas personaxes:




PASO 3: CONVERTERVOS EN BOOKTUBERS: Un booktuber é unha persoa que dedica o seu canal de youtube a facer reseñas de libros e a dar a súa opinión sobre eles. O que quero que fagades nesta semana é unha reseña do cómic que escollíchedes para ler. Facedes un vídeo no que tratedes as seguintes cuestións sobre o Cómic:

  1. Nome do canal e saúdo de inicio: Podedes poñerlle un nome ao voso canal de youtube ficticio, e crear un sáudo de inicio para os vosos suscriptores.
  2. Facer unha reseña ou opinión do cómic que constará das seguintes partes que debedes mencionar no voso vídeo:
  • 1. Mencionar o título do cómic que escollíchedes.
  • 2. Resumo do cómic: breve e sen contar toda a historia, só contar o principal sobre o que trata o cómic.
  • 3. Contexto histórico: Aquí tedes que explicar aos vosos suscriptores moi brevemente que foi a Guerra das Galias, acontecemento que inspira os cómics de Astérix e Obélix. A explicación a tedes no meu vídeo desta semana, só tedes que contar cas vosas palabras o que entendíchedes.
  • 4. Autor: Comentar quen é o autor e se queredes algunha cousa sobre él.
  • 5. Análise: Ten varios apartados:
  •  Acción (trama): opina sobre o que pasa na historia e sobre o contido da historia en    xeral. É dicir, contar se a trama che parece entretida ou non e por que.
  • Personaxes: Mencionar ás personaxes principais e secundarias, e dicir cales vos  gustaron máis, cales menos, e por que.
  • Debuxos: Opinión sobre as ilustracións do cómic.
  • 6. Conclusión: dade a vosa opinión sobre o cómic, se o recomendades ou non e por que.
Sede sinceros, se pode facer unha boa reseña sen que che guste un libro e non o recomendes. 
O traballo ten que ser en castelán. Podedes engadir calquera cousa que queirades de información, efectos, música, etc.         
PASO 4: EXEMPLOS DE BOOKTUBERS: Aquí vos deixo un vídeo de Javier Ruescas falando sobre os cómics de Astérix, sería bo que o vírades para saber máis do tema:

ASTÉRIX Y OBELIX | HISTORIA REAL, VERDAD Y MITO: //www.youtube.com/watch?v=w57LvIHQw3w

Déixovos dous vídeos máis para que vexades diferentes canais de booktubers:

VILLANOS DE DISNEY | LA EVOLUCIÓN | PARTE 1: https://www.youtube.com/watch?v=iiX_Fafh7zE


9 SITIOS PARA DESCARGAR LIBROS GRATIS Y DE MANERA LEGAL: https://www.youtube.com/watch?v=XK7jR5VaXO4 

. Se vedes algún dos vídeos contádeme a vosa opinión no correo. 

PASO 5: MANDAR O VÍDEO: Para que saibades mandar o voso vídeo fixen eu un e subino a youtube, explicándovos como mandar vídeos longos por gmail. Aquí tedes o enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=4JVKNoNXTMQ. Tedes que mandarme o vídeo ao correo. Se tedes calquera problema mandádeme un correo ou por instagram. Tedes de prazo ata o Luns 27 de abril. Calquera dúbida ou problema enviádesma ao correo ou por instagram.

PASO 6: ESTA ACTIVIDADE VAI CONTAR PARA A NOTA EN DÚAS MATERIAS: Vou puntuar esta actividade con nota na miña materia, pero ademais, cando me mandedes ao correo o vídeo, deberedes mandarllo tamén á profesora María Nión.  Non o mandedes dúas veces, simplemente metede o correo das dúas no mesmo. O traballo ten que ser en CASTELÁN, para que a profesora de lengua poda avaliala.

A mesma actividade vai ser puntuada en historia pero tamén en lingua castelá.  Deste xeito traballando o mesmo teredes unha actividade que conta en dúas materias. Se vos fixades o guión que tedes que utilizar é unha versión do que fixechedes con ela en máis dunha actividade. 

Así que cando me mandedes o vídeo, non esquezades mandarllo tamén á profesora de castelán, pois esta é unha actividade en colaboración entre os dous departamentos.  Cada profesora poñerá a nota en base aos seus propios criterios, polo que as notas serán diferentes. 



RECUPERACIÓN: Para recuperar a materia hai que facer as actividades ordinarias que tedes que facer todos cada semana, e ademais, facer as actividades de recuperación semanalmente que terán o mesmo prazo que as outras (de luns a luns). Só tedes que facer as actividades da avaliación ou avaliación que suspendíchedes. Exemplo: se unha semana mando unha actividade da primeira avaliación, pero ti suspendiches só a segunda, só tes que facer as actividades que non son de recuperación esa semana.

As actividades de recuperación TEÑEN QUE ESTAR BEN FEITAS con boa presentación, con todo o que se pide, cunha extensión aceptable. Non van valer como recuperación se se mandan por mandar ou mal feitas.

ACTIVIDADE DA 1ªAVALIACIÓN: TEMA 1: PREHISTORIA: Esta semana os que teñades que recuperar a primeira avaliación, teredes que facer o seguinte:

PASO 1: Descargarvos os apuntes se non os tedes na casa, da primeira avaliación Tema 1 A prehistoria DESCARGAR APUNTES RECUPERACIÓN

PASO 2: Buscar nos apuntes un acontecemento ou feito sobre a Prehistoria (por exemplo: o descubrimento de algo).

PASO 3: Redactar unha noticia como se fósedes periodistas nesa época, que estades recollendo unha noticia sobre ese feito.  Teredes que explicar en que consiste como se fósedes periodistas. Non o podedes inventar, ten que ser algo que aconteceu na Prehistoria e sobre o que vós podades facer unha noticia.:

  • Ten que ter un título. 
  • A ordenador debe ter un tamaño de letra non superior a 12. Salvo no título que pode ter un tamaño maior.
  • Estar ben redactada.
  • Non ter faltas de ortografía.
  • Entenderse a letra se se fai  man. Podedes facelo a man ou a ordenador. Se podedes eu prefiro a ordenador, e nese caso engadídelle fotografías. Se o facedes a man engadide un debuxo.
  • Extensión mínima de 15-20 liñas.
  • Non é suficiente con copiar e pegar información. Tedes que redactalo vos mesmos (nótase bastante cando non é así). Tampouco consiste en inventar unha noticia, consiste en ler sobre a revolución e redactar vos mesmos unha noticia sobre ela.
  •     Se a mandades a ordenador poñédea co voso nome e apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A.
     PASO 4: Retransmitir a noticia por televisión (vídeo). Mandádeme un vídeo contando a vosa noticia como se fose un informativo. Despois me mandades o vídeo xunto ca noticia redactada. Podedes poñerlle nome ao voso programa de televisión/ informativo, poñerlle música de fondo, en definitiva, engadirlle todos os elementos que vos apeteza e que fagan máis realista a retransmisión.

Tedes de prazo ata o Martes 28 de abril. Debedes mandar esta actividade e tamén a actividade de Astérix e Obélix (Luns 27 de abril). Calquera dúbida ou problema enviádesma ao correo ou por instagram.


OUTROS RECURSOS: Tamén  quérovos deixar un recurso moi útil que me compartiu a vosa compañeira Martina. Se pinchades nos enlaces podedes visitar virtualmente as tumbas dalgúns faraóns e raíñas antigas de Exipto:




Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...