luns, 16 de marzo de 2020

A ANTIGA ROMA 1




ACTIVIDADE 1: Ola a todxs!! Como xa comentei nalgún grupo debedes realizar un resumo da lenda de Rómulo e Remo no voso caderno poñendo como título "A LENDA DE RÓMULO E REMO". Esta lenda explica a orixe lexendaria da famosa cidade de Roma, que conseguiu crear un dos imperios máis importantes da historia.

ACTIVIDADE 2: Para sumerxirnos no fantástico mundo dos romanos, vos recomendo a visualización do seguinte vídeo do canal de youtube La cuna de Halicarnaso: https://www.youtube.com/watch?v=GI1FOR1zO0s&t=549s no que nos introduce no mundo dos romanos e na súa sociedade. Para demostrar que o viches escribe no teu caderno o titulo "VÍDEO LA ANTIGUA ROMA: LA CUNA DE HALICARNASO" e fai un guión con polo menos 5 ideas que aparezan no vídeo e que te chamasen a atención.

ACTIVIDADE 3: FALAMOS EN LATÍN: Recordades os latinismos e frases en latín que vimos na clase? Deixamos pendente como deberes buscar un latinismo ou frase en latín que vos gustase que debíades poñer no caderno (quen non o fixera que o faga agora). Pois ben, quero que poñades un título no caderno que poña "TEXTO LATÍN". Despois quero que elaboredes un texto en galego pero metendo no medio frases e palabras en latín das que estivemos vendo na clase e que busquedes vos. Metede varias e creade un pequeno texto. Exemplos: tempus fugit, vini vidi, vinci, a priori, a posteriori, ave caesar, etc.

ATENCIÓN!!: Debedes comentar no blog poñendo o seu texto (para que nos poidamos divertir e botar unhas risas todos un pouco) , e así levaredes un positivo para a terceira avaliación. POÑEDE O VOSO NOME NO COMENTARIO PARA QUE CONTE.

Déixovos de exemplo (non se pode copiar, aínda que si usar algúns destes latinismos, tedes un montón no caderno) este exercicio resolto polo voso compañeiro Mateo Fernández Ares de 1ºA:

Onte cheguei á clase e dixen: Ave Magistra e toda a clase dixo: morituri te salutant. A mestra contestou: facede da páxina 81 os  exercicios 1,2,3,4,5,6,7,8,9... e a continuación engadiu: “Vini vidi vinci”, que quere dicir, viñen, vinvos e púxenvos exercicios. Alguén comentou que non daba tempo e ela dixo: tempus fugit, carpe diem. Outro compañeiro engadiu: non pode ser, fallei neste exercicio. A profesora díxolle: errare humanum est.  


Debedes recoller as tres actividades no voso caderno e enviarme as tres por email, así recibiredes un positivo na terceira avaliación!. Podedes mandarmas nun documento de word, escritas no texto do email ou simplemente sacándolle unha foto aos cadernos. No caso de que alguén non poida envialas non vos preocupedes  porque igualmente revisarei as actividades no caderno cando volvamos. Pero todos os que poidades facédeo. AS ACTIVIDADES NON TEÑEN UN PLAZO DE ENTREGA, SON PARA FACER POUCO A POUCO NOS PRÓXIMOS DÍAS, NON VOS AGOBIEDES.


Ademais, deixo por aquí o texto da lenda para quen non o atope, e o pdf cos apuntes do Tema 5: A Antiga Roma, para aqueles que non puideron collelos o xoves ou o venres. Para descargalos podedes facelo dende a opción que aparece ao final "DESCARGAR".

A TODOS OS QUE AÍNDA NON O FIXECHEDES, NECESITO QUE ME MANDEDES UN EMAIL COS VOSOS CORREOS PARA IDENTIFICAVOS. O MEU É: nereamiguelezgonzalez@gmail.com e judy.mg.93@gmail.com

SAÚDOS A TODOS E MOITO ÁNIMO CHICXS! 


15 comentarios:

  1. Lois 1ºA TEXTO LATÍN:
    Ave magista.
    Ave chicos.
    Alea iacta est.
    Magista da tempus.
    Da tempus pero empeza que o tempus fugit así que carpe diem.
    Pasado o tempus.
    Magistra esto era así.
    Non pero recorda erar e humano.
    Ita,chao.

    ResponderEliminar
  2. Mateo 1ºA
    Onte cheguei á clase e dixen: Ave Magistra e toda a clase dixo: morituri te salutant. A mestra contestou: facede da páxina 81 os exercicios 1,2,3,4,5,6,7,8,9... e a continuación engadiu: “Vini vidi vinci”, que quere dicir, viñen, vinvos e púxenvos exercicios. Alguén comentou que non daba tempo e ela dixo: tempus fulli, carpe diem. Outro compañeiro engadiu: non pode ser, fallei neste exercicio. A profesora díxolle: errare humanum est.

    ResponderEliminar
  3. Hola chicos son Martina e este é o meu texto, espero que vos guste :3:

    Eu cheguei a casa e dixen:"vini vidi vinci", entón meu pai díxome:" alea iacta est", entón como eu estaba cansada fun mirar videos en Youtube, de repente chegou miña nai e dixo:" frui iuvenes nun cum tu es" entón eu preguntei:"Hic et nunc?" como miña irmá estuvera escoitando toda a nosa conversación dixo:"Tempues fugit" Martina!!! Finalmente eu aburrida fun facer calquer cousa.

    ResponderEliminar
  4. Hola a tod@s son Alba este é o meu texto, espero que vos guste:

    Ajax morrera,no pobo non se escoitaba nada máis ca "Requiescat in pace".
    "Post mortem" Ajax foi chamada Virxen ,Virxe da Luminosidade, a que todo o pobo lle encantaba, e lle ian pedir que os curase.Para que ela cumprise o que lle pedían tiñan que pronunciar as palabras máxicas:"Nunc et semper" se lle dicían iso Ajax apareceriaselle esa mesma noite, se consideraba que as persoas merecian a sua cura dicía:"Carpe diem" é curabaos.
    Se lle parecían malas persoas dicialle: "Memento mori".

    ResponderEliminar
  5. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  6. O outro día soñei que era a nova presidenta do goberno e encontrara a cura do coronavirus.Cando iba probar a cura dixen:"Alea iacta est".Ao día seguinte,nunha roda de prensa,dixen:"Vini,vidi,vici".Eu inventara a cura contra o coronavirus!Entón dixenme "Carpe diem".Despois de dicir esa frase deixei o goberno o fixenme médica,despois desperteime do meu soño.

    ResponderEliminar
  7. onte fomos a un museo no que explicaban a historia romana. o guía era moi divertido e xa ao principio nos saudou dicindo: " ave cesar mori te saluda". Nos como non o entendimos puxemos caras raras e el nos explicou que significa: ola cesar os que vamos a morrer te saudan.
    seguimos ca visita e mentres nos estaba explicando a lenda de rómulo e remo el envede decir remo dixo remulo e eu lle corrixin dicindillo que é remo e non remulo e de seguido dixenlle"errade human" ao que el me contestou: e verdade, veñe sigamos que o " tempus fugit".

    ResponderEliminar
  8. Íbamos de excursión a Roma. Fumos a un hotel e alí había un guía que nos dixo"AVE", hoxe imos de excursión ao museo.
    A nosa"magistra" díxonos"tempus fugit" e tivemos que ir o hotel, un neno dixo"vini vidi vinci", e fomos cear e logo a durmir.
    O dia seguinte"ante meridiam" fumos ao "SPA".O noso guia despediuse dicindo "carpe diem".

    ResponderEliminar

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...