luns, 25 de maio de 2020

TRABALLO FINAL DE ROMA


TRABALLO FINAL DE ROMA: DURACIÓN DE 2 SEMANAS: DATA MÁXIMA DE ENTREGA LUNS 8 DE XUÑO

Aquí vos deixo o último vídeo deste tema. Correspóndese co apartado 5 dos apuntes, e explica a fin do Imperio Romano de Occidente: https://youtu.be/C8-Z10aZkR0

ACTIVIDADE 1: VER A PELÍCULA GLADIATOR: Esta semana ides ver unha película vos somerxerá no mundo da Antiga Roma. Esa película é Gladiator,  e narra a historia dun soldado hispano e de como acaba sendo obrigado a converterse en gladiador. DESCARGAR PELÍCULA


ACTIVIDADE 2: RESEÑA DA PELÍCULA: Debedes  entregarme unha reseña da película, tedes dúas opcións:

  • OPCIÓN 1: Mandala como unha videorreseña: Igual que fixemos con Astérix e Obélix, facendo que sodes youtubers que teñen un canal e que ides dar a vosa opinión sobre a película. Mandádea deste xeito só se non tedes problemas para mandar vídeos. 
  • OPCIÓN 2: Mandar unha reseña escrita: escribir a reseña a man ou a ordenador (eu prefiro a ordenador).

Só a tedes que enviar dunha destas dúas formas, ou oral ou escrita (non mandar ás dúas). En ambos casos a reseña ten que ter estas partes:

  1. Título da película e información da mesma: ano no que se estrena, nome do actor protagonista, e calquera información adicional que vos resulte curiosa.
  2. Resumo da película: Sen contar a película enteira, facer unha sinopse co máis importante e contar a trama da mesma. Non pode consistir toda a reseña nun resumo da película, nin pode durar esta parte moitísimo máis que o resto.
  3. Personaxes principais: personaxes principais da película e como son, cales vos gustaron máis e por que, e cales menos.
  4. Relación da película co tema de Roma: Comentar que cousas aparecen na película que recoñezades de falar delas nos vídeos ou nos apuntes (relación da película ca materia de historia): lugares, tipos de persoas, feitos, etc.
  5. Espazos e lugares que aparecen na película que recoñecedes: Este apartado pode ir dentro do anterior. Aquí comentade que lugares e edificios aparecen na película que recoñecíchedes. E se o sabedes dicide onde están ou para que servían.
  6. Opinión persoal da película: Se vos gustou ou non e por que e se a recomendades ou non.
  7. Recoméndovos facer un vídeo non moi longo, así será máis fácil mandalo. A extensión recomendada é de 3 a 5 minutos, pero a extensión a decidides vos.

ACTIVIDADE 3 (VOLUNTARIA): IMITAMOS ESCENAS DA PELÍCULA: Recordades as obras de teatro que facíamos na clase? Xa que non podemos facer unha obra entre todos, vamos facer escenas individuais. Debedes gravarvos en vídeo imitando unha das escenas da película. Non é obrigatorio que salgades solos na escena, podedes pedirlle axuda ás vosas familias. Podedes disfrazarvos como queirades, tal e como facíamos na clase.

Esta actividade é opcional e voluntaria e servirá para subirvos a nota da actividade anterior. Se sacades un 10 da reseña subiravos a nota noutro traballo.

ACTIVIDADE 4: ACTIVIDADE ALTERNATIVA CON RESPECTO ÁS ANTERIORES, SÓ PARA AS PERSOAS QUE NON PUIDERON MANDAR O VÍDEO DA VIDEORRESEÑA à SÓ FACER EN CASO DE NON SER POSIBLE DESCARGAR A PELÍCULA OU VELA DOUTRO XEITO: Se vos resulta moi difícil conseguir ver a película pola vosa conexión, ou vos resulta moi difícil mandar vídeos. No canto de facer as actividades anteriores, realizade as que indico a continuación que son actividades do libro (o prazo de entrega é o mesmo, luns 8 de xuño):
-        Páxina 194. Exercicio 1, 2
-        Páxina 195. Exercicio 4 e 5.
-        Páxina 196. Exercicio 1
-        Páxina 198. Exercicios 2  e 3
-        Páxina 199. Exercicio 5
-        Páxina  202. Exercicio 1,2 e 3
-        Páxina 203. Exercicio 4 e 5.
-        Páxina 207. Exercicios 3 e 4
-        Páxina 209. Exercicios 3
      Páxina 213. Exercicios 4,5 e 6
-        Páxina 215. Exercicio 1 e 2
-        Páxina 216. Exercicio 1
a     
      Aquí podedes ver todos os exercicios do libro, se non tedes o libro na casa DESCARGAR EXERCICIOS LIBRO


Mandade todos os exercicios xuntos, xa sexa a ordenador ou a man, e co número de páxina e número de exercicio indicados. Se os mandades a ordenador poñédelle como nome do documento o voso nome, apelido e curso.

IMPORTANTE: 


  • SE FACEDES O TRABALLO DA RESEÑA DA PELÍCULA (EN VÍDEO OU ESCRITO, COMO PREFIRADES) NON TEDES QUE FACER NINGÚN DOS EXERCICIOS.
  • A ACTIVIDADE 3 É TOTALMENTE VOLUNTARIA, NON É NECESARIO FACELA. SE PODEDES MANDAR VÍDEOS PERO NON VER A PELÍCULA, E TEDES QUE FACER A ACTIVIDADE 4 E NON A 1 E 2, SEGUIDES PODENDO MANDAR A ACTIVIDADE 3, POIS PODEDES BUSCAR EN YOUTUBE ESCENAS DA PELÍCULA PARA IMITAR.
  • DEBEDES INTENTAR FACER AS ACTIVIDADES 1 E 2 RELATIVAS Á PELÍCULA. PERO SE NON PODEDES POR CUESTIÓNS DE CONEXIÓN, FACEDE OS EXERCICIOS DA ACTIVIDADE 4.
Se tedes calquera dúbida, escribídeme antes de facer nada!

RECUPERACIÓN: Esta semana non hai actividades de recuperación. Bastará con entregar no prazo estabrecido a actividade 1 e 2 ou a 4. A 3 é voluntaria.


1 comentario:

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...