xoves, 28 de maio de 2020

AVISO

Por favor, nos traballos escritos mandados en word ou pdf, poñede de título do documento o voso nome, apelidos e curso. Exemplo: Nerea Miguélez 1C

martes, 26 de maio de 2020

AVISO

Os que non podan mandar vídeos e fagan o traballo dos exercicios, deben copiar os enunciados.

luns, 25 de maio de 2020

TRABALLO FINAL DE ROMA


TRABALLO FINAL DE ROMA: DURACIÓN DE 2 SEMANAS: DATA MÁXIMA DE ENTREGA LUNS 8 DE XUÑO

Aquí vos deixo o último vídeo deste tema. Correspóndese co apartado 5 dos apuntes, e explica a fin do Imperio Romano de Occidente: https://youtu.be/C8-Z10aZkR0

ACTIVIDADE 1: VER A PELÍCULA GLADIATOR: Esta semana ides ver unha película vos somerxerá no mundo da Antiga Roma. Esa película é Gladiator,  e narra a historia dun soldado hispano e de como acaba sendo obrigado a converterse en gladiador. DESCARGAR PELÍCULA


ACTIVIDADE 2: RESEÑA DA PELÍCULA: Debedes  entregarme unha reseña da película, tedes dúas opcións:

  • OPCIÓN 1: Mandala como unha videorreseña: Igual que fixemos con Astérix e Obélix, facendo que sodes youtubers que teñen un canal e que ides dar a vosa opinión sobre a película. Mandádea deste xeito só se non tedes problemas para mandar vídeos. 
  • OPCIÓN 2: Mandar unha reseña escrita: escribir a reseña a man ou a ordenador (eu prefiro a ordenador).

Só a tedes que enviar dunha destas dúas formas, ou oral ou escrita (non mandar ás dúas). En ambos casos a reseña ten que ter estas partes:

  1. Título da película e información da mesma: ano no que se estrena, nome do actor protagonista, e calquera información adicional que vos resulte curiosa.
  2. Resumo da película: Sen contar a película enteira, facer unha sinopse co máis importante e contar a trama da mesma. Non pode consistir toda a reseña nun resumo da película, nin pode durar esta parte moitísimo máis que o resto.
  3. Personaxes principais: personaxes principais da película e como son, cales vos gustaron máis e por que, e cales menos.
  4. Relación da película co tema de Roma: Comentar que cousas aparecen na película que recoñezades de falar delas nos vídeos ou nos apuntes (relación da película ca materia de historia): lugares, tipos de persoas, feitos, etc.
  5. Espazos e lugares que aparecen na película que recoñecedes: Este apartado pode ir dentro do anterior. Aquí comentade que lugares e edificios aparecen na película que recoñecíchedes. E se o sabedes dicide onde están ou para que servían.
  6. Opinión persoal da película: Se vos gustou ou non e por que e se a recomendades ou non.
  7. Recoméndovos facer un vídeo non moi longo, así será máis fácil mandalo. A extensión recomendada é de 3 a 5 minutos, pero a extensión a decidides vos.

ACTIVIDADE 3 (VOLUNTARIA): IMITAMOS ESCENAS DA PELÍCULA: Recordades as obras de teatro que facíamos na clase? Xa que non podemos facer unha obra entre todos, vamos facer escenas individuais. Debedes gravarvos en vídeo imitando unha das escenas da película. Non é obrigatorio que salgades solos na escena, podedes pedirlle axuda ás vosas familias. Podedes disfrazarvos como queirades, tal e como facíamos na clase.

Esta actividade é opcional e voluntaria e servirá para subirvos a nota da actividade anterior. Se sacades un 10 da reseña subiravos a nota noutro traballo.

ACTIVIDADE 4: ACTIVIDADE ALTERNATIVA CON RESPECTO ÁS ANTERIORES, SÓ PARA AS PERSOAS QUE NON PUIDERON MANDAR O VÍDEO DA VIDEORRESEÑA à SÓ FACER EN CASO DE NON SER POSIBLE DESCARGAR A PELÍCULA OU VELA DOUTRO XEITO: Se vos resulta moi difícil conseguir ver a película pola vosa conexión, ou vos resulta moi difícil mandar vídeos. No canto de facer as actividades anteriores, realizade as que indico a continuación que son actividades do libro (o prazo de entrega é o mesmo, luns 8 de xuño):
-        Páxina 194. Exercicio 1, 2
-        Páxina 195. Exercicio 4 e 5.
-        Páxina 196. Exercicio 1
-        Páxina 198. Exercicios 2  e 3
-        Páxina 199. Exercicio 5
-        Páxina  202. Exercicio 1,2 e 3
-        Páxina 203. Exercicio 4 e 5.
-        Páxina 207. Exercicios 3 e 4
-        Páxina 209. Exercicios 3
      Páxina 213. Exercicios 4,5 e 6
-        Páxina 215. Exercicio 1 e 2
-        Páxina 216. Exercicio 1
a     
      Aquí podedes ver todos os exercicios do libro, se non tedes o libro na casa DESCARGAR EXERCICIOS LIBRO


Mandade todos os exercicios xuntos, xa sexa a ordenador ou a man, e co número de páxina e número de exercicio indicados. Se os mandades a ordenador poñédelle como nome do documento o voso nome, apelido e curso.

IMPORTANTE: 


  • SE FACEDES O TRABALLO DA RESEÑA DA PELÍCULA (EN VÍDEO OU ESCRITO, COMO PREFIRADES) NON TEDES QUE FACER NINGÚN DOS EXERCICIOS.
  • A ACTIVIDADE 3 É TOTALMENTE VOLUNTARIA, NON É NECESARIO FACELA. SE PODEDES MANDAR VÍDEOS PERO NON VER A PELÍCULA, E TEDES QUE FACER A ACTIVIDADE 4 E NON A 1 E 2, SEGUIDES PODENDO MANDAR A ACTIVIDADE 3, POIS PODEDES BUSCAR EN YOUTUBE ESCENAS DA PELÍCULA PARA IMITAR.
  • DEBEDES INTENTAR FACER AS ACTIVIDADES 1 E 2 RELATIVAS Á PELÍCULA. PERO SE NON PODEDES POR CUESTIÓNS DE CONEXIÓN, FACEDE OS EXERCICIOS DA ACTIVIDADE 4.
Se tedes calquera dúbida, escribídeme antes de facer nada!

RECUPERACIÓN: Esta semana non hai actividades de recuperación. Bastará con entregar no prazo estabrecido a actividade 1 e 2 ou a 4. A 3 é voluntaria.


luns, 18 de maio de 2020

FASE 3 TRABALLO DO CÓMIC: CÓMIC FINAL


FASE 3: CÓMIC FINAL (PRAZO XOVES 21 DE MAIO): esta semana ides entregar o cómic propiamente dito. Tendo en conta as indicacións dadas durante a corrección do boceto, mellorarédelo e entregaredes o cómic final. Tedes que enviarllo tamén a María Nión. Volvo a repetir aquí as instrucións cos detalles finais:
  1.  Como é unha actividade para Lingua castelá, ademais de para Xeografía e historia o traballo deberá estar escrito en castelán.
  2. Terá un mínimo de catro viñetas.
  3. Agora si que tedes que facer un esforzo maior que no boceto para debuxar o mellor posible as vosas personaxes. A forma do debuxo é libre, podedes facelo do xeito que prefirades. É recomendable repasar con rotulador as liñas feitas con lapis, pero repito, é totalmente libre.
  4. O cómic debe incluír xa os diálogos definitivos.
  5. Deben aparecer a ambientación, o monumento e as personaxes que preparastes no traballo da semana pasada. Poden aparecer outras personaxes se queredes, pero non vos pasedes, porque nisto das tiras cómicas, menos é máis. O monumento ten que aparecer polo menos nunha das viñetas, pero non en todas.
  6.  Debe ser una tira cómica e, polo tanto, será máis ben breve e incluirá un xiro cómico, como os exemplos que vistes en Lengua de Mafalda, Garfield e Calvin e Hobbes.
  7. Debe ter texto, aínda que non fai falla que haxa diálogos ou cadros de texto en todas as viñetas, mais si na maioría.
  8. Entre os textos que aparezan, mínimo unha das personaxes debe de utilizar o seu latinismo preferido. Podedes utilizar máis de un, ou algunha das expresións que vimos a semana pasada.
  9. Debuxade as viñetas coa axuda dunha regra. Podedes inspirarvos con este vídeo. https://www.youtube.com/watch?v=N0_reAXVYYM
  10. Poñédelle un título á vosa tira cómica.
  11. Se lle ides poñer título ao documento (no caso de envialo a ordenador ) que o nome sexa como neste exemplo: NereaMiguélez1A
RECUPERACIÓN 1ªAVALIACIÓN (PRAZO LUNS 25 DE MAIO): Debedes facer os seguintes exercicios sobre a Prehistoria, a man ou a ordendor. Se o facedes a ordenador poñede o voso nome e curso como nome do documento. Exemplo: NereaMiguelez1C.






luns, 11 de maio de 2020

FASE 2 DO TRABALLO DO CÓMIC: BOCETO


Ola chicxs estos son os pasos a seguir esta semana:

PASO 1: Ver a explicación sobre os monumentos romanos, así saberedes para que servía cada un: https://youtu.be/wzf01627DpU 

É o apartado 7 dos apuntes. Aquí os deixo por se non os tedes aínda. DESCARGARAPUNTES

PASO 2: CONINUACIÓN DO TRABALLO DO CÓMIC: BOCETO PARA HISTORIA E LINGUA CASTELÁ (PRAZO VENRES 15 DE MAIO). 

Como xa vos adiantamos, ides transformarvos en guionistas e debuxantes de cómic. O voso traballo desta semana consistirá en determinar o tema para unha tira cómica e, ademais, elaborar un boceto ou storyboard. Para preparar o tema e o boceto, debedes ter en conta varios requisitos:
  1. Como é unha actividade para Lingua castelá, ademais de para Xeografía e historia, o traballo deberá estar escrito en castelán.
  2. Terá un mínimo de catro viñetas.
  3. O boceto non ten que estar ben debuxado, nun storyboard abonda con representar as personaxes como formas sen concretar, para saber onde van estar, que estarán facendo. O mesmo acontece cos fondos.
  4. O boceto debe incluír xa os diálogos.
  5.  Deben aparecer a ambientación, o monumento e as personaxes que preparastes no traballo da semana pasada. Poden aparecer outras personaxes se queredes, pero non vos pasedes, porque nisto das tiras cómicas, menos é máis. O monumento ten que aparecer polo menos nunha das viñetas, pero non en todas.
  6. Debe ser una tira cómica e, polo tanto, será máis ben breve e incluirá un xiro cómico, como os exemplos que vistes en Lengua de Mafalda, Garfield e Calvin e Hobbes.
  7.  Debe ter texto, aínda que non fai falla que haxa diálogos ou cadros de texto en todas as viñetas, mais si na maioría.
  8.  Entre os textos que aparezan, mínimo unha das personaxes debe de utilizar o seu latinismo preferido. Podedes utilizar máis de un latinismo. A maiores  e de forma opcional, podedes utilizar palabras en latín que viramos neste tema (Exemplo: urbs, domus, nobilitas, etc) e as que deixo aquí para descargar (en caso de que as vosas personaxes se enfaden con alguén). DESCARGARPALABRAS LATÍN
  9. Debuxade as viñetas coa axuda dunha regla. Podedes inspirarvos con este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=N0_reAXVYYM
  10. O tema consistirá nunha frase breve que conteña o que sucede no texto. Podédelo mandar no corpo do mail ou mesmo como título do boceto arriba do mesmo, ou debaixo.
Recomendacións: sería boa idea que antes de empezar coa seguinte fase do traballo, fixésedes un boceto das personaxes, mais isto non será puntuado nin por María nin por min (non se entrega, só se entrega o boceto cos diálogos).

Aquí tedes un exemplo de boceto ou storyboard (este non ten diálogos, no voso si que deben aparecer):




Cando nos entreguedes o boceto, cada unha responderá con correccións e suxerencias de cara ao cómic final. A súa entrega servirá para dar o visto bo de cara ao cómic final e contará como positivo en ambas materias.

RECUPERACIÓN: Esta semana non hai actividades de recuperación, é suficiente con entregar o boceto do cómic.

Quero recordarvos que tanto a terceira avaliación como a recuperación da primeira e a segunda realizaranse mediante unha avaliación por tarefas. Isto significa que podedes recuperar a materia mediante a entrega das tarefas da terceira e da avaliación ou avaliacións que teñades suspensas. 

No caso de non entregar as tarefas, teredes que acudir á proba extraordinaria setembro cos temas que dimos en clase Temas 1, 2, 3, 4 . Por isto recomendo que entreguedes as tarefas que teñades atrasadas e as futuras.


domingo, 3 de maio de 2020

RELIXIÓN ROMANA

Ola chicxs! O primeiro dicirvos que me encantaron os vosos retos desta semana, todos foron moi orixinais! Aquí deixo os pasos a seguir esta semana:

PASO 1: VER A EXPLICACIÓN DA RELIXIÓN ROMANA: Aquí explico o politeísmo romano, e como os romanos pasaron de crer en varios deuses a ter como relixión oficial do imperio unha relixión monoteísta: o cristianismo. É o apartado 4 dos apuntes:https://youtu.be/7NaB8hOMKVM 


PASO 2: TAREFA DA AMBIENTACIÓN E AS PERSONAXES DUN CÓMIC: A tarefa desta semana vai ser a mesma en historia e en lingua castelá. 

As instrucións están colgadas no blog de María Nión: llorarporunlibro.blogspot.com. Debedes facela en castelán, e mandala por correo tanto a María como a min. O prazo é ata o martes 12 de maio.


Recoméndovos os vídeos que colguei a semana pasada e as miñas explicacións, así como os apuntes e a presentación para inspirarvos. Se non os tedes aínda podedes descargalos aquí DESCARGAR



Calquera dúbida que teñades podedes mandarma ao correo. Espero que vos guste esta tarefa que fixemos en colaboración e que durará varias semanas e que trata sobre os primeiros pasos para unha posterior elaboración dun cómic ambientado na Antiga civilización romana. 


Espero recibir pronto os vosos traballos 😀



RECUPERACIÓN DA SEGUNDA AVALIACIÓN (PRAZO LUNS 11 DE MAIO) : A actividade desta semana ten que ver co Tema 4: A Antiga Grecia. Déixovos unha lectura que se chama Fedora e Urián, e tedes que facer os exercicios. É especialmente importante facer ben o exercicio 1 e o 4. Podedes facelos a man na libreta e sacarlle unha foto, ou a ordenador. E os mandades ao meu correo: nereamiguelezgonzalez@gmail.com.

Déixovos os apuntes de Grecia por se os necesitades para consultar algo. DESCARGAR LECTURA+APUNTES GRECIA


CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...