luns, 16 de marzo de 2020

Ola chicxs!! Espero que esteades levando esta situación o mellor posible!. Durante o periodo de cuarentena vou subir material, actividades, enlaces de xogos, kahoots, tarefas, etc para que á volta nos agobiemos o menos posible, para facer que neste periodo de parón teñamos unha certa rutina de traballo e tamén para que non nos aburramos tanto. 

Dito isto coméntovos que abrin  este blog para que vos sexa máis doado estar en contacto conmigo. Por aquí irei subindo todo o que debedes facer estes días para adiantar traballo.


Para poñervos en contacto conmigo podedes usar calquera destes dous correos: judy.mg.93@gmail.com e nereamiguelezgonzalez@gmail.com. Neles poderei resolver dúbidas e axudarvos no que necesitedes. Para saber se o recibín mandareivos sempre unha resposta de "Recibido" e se non o fago e que algo fallou, así que intentádeo de novo.

Finalmente dicirvos que se todo vai ben irei subindo contidos no blog con frecuencia (espero poder subir algo hoxe mesmo). Nestes días mandarei unha tarefa que se corresponde co traballo que facemos por cada unidade, que se podedes deberedes adiantar nestes días (non preocuparvos, vai requerir curiosidade, creatividade e algo de debuxo).


GRACIAS DE ANTEMÁN POR AXUDARME A DIFUNDIR ESTA MENSAXE. UN SAÚDO E ESPERO QUE ESTEADES TODOS BEN.

5 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Claudia 1B

    O señor Benito mailo señor cura, adoitaban ir xuntos tomar unha cunca de viño a taberna do pobo. Como o cura sabía latín, non tardou en enseñar alguanhas frases o señor Benito e o taberneiro:
    -"Ave amicum"
    -"Ave Magistra"
    Rindo entraban e decíanlle o taberneiro:
    -"Morituri te saltan"
    O que o taberneiro respondia:"Tempus fugit" "Carpe diem"
    Despois de contar uns contos, despendianse do mesmo modo:
    -"vino, vidi Vinci" "usque ad próxima amicum, quod si Deus velit"

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Perdoade q cominme algunha palabra😁Morituri te salutant... Non Morituri te saltan😅😅😅

      Eliminar
  3. Carme Álvarez Brey25 de marzo de 2020, 21:08

    Estabamos en ximnasia e dixome a profesora : Ave magistra e todos dixeron: Ola profe!
    Despois puxemonos a correr e dixen : Vini,vidi,vinci porque eu iba de primeira,pero
    de repente caín e chorei e amestra dime: errare humanum est.Outro compañeiro dime: carpe
    diem e para de chorar. Levantome e di a miña amiga: xa e hora de marchar,tempus fugit

    ResponderEliminar

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...