venres, 20 de marzo de 2020

ACTIVIDADES MAPAS E VOLUNTARIAS

Feliz venres chicxs! primeiro quero facer unhas aclaracións:

- Tratade de enviarme na medida do posible as actividades todas xuntas.

- As actividades que non teñen prazo ou día de entrega, tedes unha semana para enviarmas dende o momento no que as colgo. Se non as enviades non pasa nada, simplemente non teredes un positivo, pero cando revise os cadernos levaredes boa nota se as tedes. Se non as facedes  nestes días as teredes que facer cando volvamos a clase.

- As actividades que marque como voluntarias , é opcional facelas e entregalas.

- Na recuperación entrará o Tema 4: Grecia (enteiro) e o mapa de Europa. Fixaremos a data á volta e cando vos vaia ben, así que por iso non vos preocupedes.

CUESTIONARIO ACTIVIDADES: Cando acabedes de facer as actividades por favor cubride este cuestionario para dar a vosa opinión sobre elas, a súa cantidade, interese, etc. Sería de gran axuda que o cubrísedes. https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSexTAPO3LNwVkzctmAz5_Vdlbvhjoj79mEpV_FCEA_jHa1Ekw/viewform?usp=sf_link


ACTIVIDADES OBRIGATORIAS (Aínda que non as mandedes, teñen que estar o caderno cando os revise):

ACTIVIDADE 1: LOCALIZAR OS PAÍSES NOS MAPAS: Teredes que localizar os seguintes países. Debedes buscar en internet os mapas dos continentes para encher os vosos.

NO MAPA DE EUROPA: ( países fronteirizos)

  1. Marrocos.
  2. Argelia
  3. Túnez 
  4. Líbano
  5. Siria 
  6. Irak
  7. Irán 
  8. Georgia 
  9. Armenia
  10. Azerbaiyán
  11. Mar Caspio
  12. Kazajistán 
  13. San Marino
  14. Andorra
  15. Vaticano
  16. Mónaco 
  17. Liechtenstein (estes 5 últimos creo que xa os puxéramos pero po se acaso. Teríades que marcalos con puntos no mapa e eu recoméndovos poñer números e escribir o nome nas marxes do folio do mapa)
EMPEZAMOS CON AMÉRICA: Colledes o mapa de América que está por detrás do folio do mapa de Europa+ África e sinalades os seguintes países:
  1. Alaska ( ao lado do nome entre parénteses poñede --> Estado pertencente aos EEUU).
  2. Canadá
  3. Estados Unidos de América
  4. Groenlandia, que no mapa aparece cortada, é a illa grande que está á dereita de Canadá (ao lado do nome no mapa poñede --> territorio pertencente a Dinamarca).
  5. EEUU
  6. México 
  7. Colombia 
  8. Venezuela 
  9. Ecuador
  10. Brasil 
  11. Perú
  12. Bolivia 
  13. Argentina 
  14. Chile 
Podedes mandarme foto do mapa.

ACTIVIDADES VOLUNTARIAS: 

ACTIVIDADE 2: MAPAS INTERACTIVOS (VOLUNTARIA): Aquí vos deixo uns mapas para practicar os países de Europa e América. Podedes mandarme unha foto das vosas puntuacións ao correo se decidides practicar. O POSITIVO NON DEPENDE DA VOSA PUNTUACIÓN, CO CAL POR FAVOR NON FAGADES TRAMPAS. Eu publicarei o podio cas mellores puntuacións de Europa, dentro dunha semana.





ACTIVIDADE 3: O MITO DE ECO E NARCISO (VOLUNTARIA, SEN PRAZO PARA FACELA): Aquí vos deixo o mito de Eco e Narciso, un mito moi interesante que podedes ler, responderme a dúas preguntas e facer un resumo (10 liñas sobre o texto) e mandarme foto do caderno ao correo. Tamén podedes lelo simplemente e non mandarme nada, eu o recomendo. O podedes ler rápido e é entretido.
Resultado de imagen de eco y narciso


Para ver o mito pinchade en "DESCARGAR MITO" abaixo.


Espero que esteades todxs ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...