luns, 8 de xuño de 2020

POBOS PRERROMANOS 2

Ola chicxs! Desculpade o retraso na subida da entrada, pero tiña problemas para subir os vídeos. Nos adentramos na última semana do curso, e para esta semana debedes ver o vídeo da semana pasada se aínda non o víchedes, e o desta semana. Ambos tratan sobre os pobos prerromanos que habitaban a Península Ibérica antes da chegada dos romanos.

Aquí vos deixo o vídeo desta semana: Pobos prerromanos 2 (apartados 2, 3, 4 e 5 dos apuntes): https://youtu.be/a3ExyId01QM

Tamén vos deixo os apuntes que se corresponden co vídeo desta semana e da pasada, do Tema 6: Pobos prerromanos e Hispania romana DESCARGAR APUNTES

Unha vez saibades de que trata o tema teredes dous kahoots para facer ao longo da semana:


Tedes ata o venres 12 de xuño para mandar facer os kahoots. Aplícase a mesma data para actividades atrasadas.


Nestes kahoots pode haber preguntas do tipo open-ended isto é preguntas de final aberto ou de escribir, non tipo test ou de verdadeiro ou falso. Nestas preguntas teredes que escribir vos mesmos a resposta, que é sempre unha única palabra.


Estas son as últimas actividades do curso, así que a xogar!


Por outra parte, para quen poida e quera facelo esta semana vou explicar o que vou pedir o luns que ven, e se queredes podedes mandarmo esta semana. Quería pedirvos que me escribírades un email cunha reflexión sobre este curso na materia de historia, e sobre todo o que pasou nestes meses tan excepcionais en xeral. Esta é unha actividade que eu sempre pido de xeito presencial en forma de carta, pero como así non pode ser a pido como email.

Quero que me contedes:

  •  Que foi o que máis vos gustou de actividades na materia de historia (presenciais e de cuarentena) e o que menos e por que. 
  • Que temas vos gustaron máis e cales menos e por que. 
  • Con que vos quedades este curso,
  •  cousas que pensades que podo mellorar eu como profesora, 
  •  se pensades que aprendíchedes en xeral ou non, etc.
  •  En definitiva, unha reflexión sobre todo o que fixemos este ano, e a aportación que vos deu a materia persoalmente. 
  • Tamén me podedes contar como vívichedes estes meses de confinamento e a vosa opinión sobre o cambio de presencial a online na materia. 
  • Calquera cousa que me queirades comentar.


O luns colgarei eu tamén a miña propia reflexión sobre o tema, e pídovos que nesta semana ou a seguinte, lle dediquedes uns momentos a esta valoración, pois a min axúdame moito de cara ao curso seguinte.

O próximo luns non pedirei nada, só esta reflexión que me podedes mandar xa esta semana.

FELIZ SEMANA A TODOS! :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...