luns, 13 de abril de 2020

ROMA 2


Ola chicxs! Espero que tiverades unha boa semana. Como vos dixen hoxe remata o prazo para mandar as actividades atrasadas. As actividades serán semanais, as subirei os luns e teredes de prazo ata o luns seguinte para envialas. Se tedes problemas para mandalos faládeme por favor.

Calquera dúbida faládeme ao correo ou ao instagram: nerea_aprofedehistoria.

EXPLICACIÓNS EN YOUTUBE: A partir de agora, como vamos a avanzar en materia decidín deixarvos colgadas nas clases vídeos en youtube no que eu explico a presentación do tema. Podedes acceder a eles a través do enlace. Van a ser vídeos por apartados, para que non sexan tan longos e porque se non é moi difícil subilos.

Aquí tedes os enlaces das dúas primeiras sesións, que en total serán uns 50 minutos, o equivalente a unha clase presencial. Quedáronme un pouco longos, a partir de agora espero facelos máis curtos.


Neste primeiro vídeo explico os apartados 1 (Orixe de Roma) e 2.1 (época da Monarquía) e 2.2. (época da República) dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=0qgqX-ufg78&t=6s

No segundo explico o apartado 2.3 (época do Imperio) dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=drEVysKDdPQ

Tedes que velos e tedes os apuntes para calquera cousa poder consultalos. Deberiades ler os apartados 1 e 2 despois de ver as explicacións.  Calquera dúbida escribídeme no correo, e tamén podedes comentarme se entendedes os vídeos. Os comentarios están desactivados non sei por que, a ver se o podo arreglar. Estes primeiros apartados son os máis densos, así que non vos preocupes se resultan máis complexos, é normal.

ACTIVIDADE: CREAR A VOSA PROPIA PERSONAXE NA ANTIGA ROMA (PRAZO LUNS 20 ABRIL):

PASO 1: LER O EXEMPLO QUE VOS DEIXO: Déixovos unha lectura na que podedes ver a historia do “lexionario Caius” na súa visita a Roma. No documento podedes ver ademais os principais monumentos da Antiga Roma. DESCARGAR LECTURACAIUS

PASO 2: CREAR A VOSA PROPIA HISTORIA: Quero que o leades e despois inventedes vos unha personaxe desa época, e que describades un pouco como é:  o seu nome, se é home, se é muller, se é estranxeiro, se é un emperador, un escravo, un soldado, onde naceu, a que se dedica etc. Tedes información sobre as diferentes persoas que vivían en Roma no apartado 3 dos apuntes.
 Despois explicades como é a vosa vida.

 Finalmente contade como dades un paseo pola antiga Roma e visitade 3 dos monumentos que aparecen no pdf que vos mando ca historia do lexionario Caius (as termas, o templo, o circo máximo, o anfiteatro, etc). Escollede os 3 que máis vos gusten e contade que cousas pode ver ou facer a vosa personaxe cando acude a eles. Pensade que ten que ser como se dese un paseo nesa época, é dicir, tedes que explicar que podía facer neses lugares nesa época (Aviso a navegantes para que ninguén o mande a un museo ou algo así).

Redactades o texto e me mandades unha foto da libreta ou o facedes a ordenador.

PASO 3: ENVIAR O TRABALLO: Mandades a reacción ao meu correo.

Do documento do “Lexionario Caius” só tedes que ler o  texto e mirar as imaxes para inspirarvos, non tedes que facer os exercicios que aparecen, só tedes que facer a redacción. O prazo para enviar os o traballo é o próximo LUNS DÍA 20 DE ABRIL.

DESCARGAR APUNTES ROMA, PRESENTACIÓN DE POWER POINT E LECTURA DO “LEXIONARIO CAIUS”: Tamén vos deixo a presentación de power point, a lectura do lexionario Caius e os apuntes outra vez DESCARGARAPUNTES+ POWER POINT ROMA+ LEXIONARIO CAIUS

RECOMENDACIÓNS: Aquí tendes algúns vídeos para inspirarvos sobre como era a vida na antiga Roma:

Canal Ciencias Sociales: La Roma Imperial: Grandes Civilizaciones https://www.youtube.com/watch?v=ISdcpaTVMWA

Canal “La cuna de Halicarnaso” (é a continuación do vídeo que xa víchedes): https://www.youtube.com/watch?v=F9ZZnLIFr-Y&t=811s

Canal “La Academia Play”: La Antigua Roma en 10 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=UF_yHrFP1Ls


Documentais: 

Aquí tedes un documental sobre os eficicios de Roma: https://www.youtube.com/watch?v=aCoJ3r1LV0s

E un documental sobre as 7 maravillas da Roma Antiga: https://www.youtube.com/watch?v=rqK0pykmeUk

Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...