luns, 30 de marzo de 2020

NOVAS ACTIVIDADES E AVISOS


Ave discipulus! En primeiro lugar vos deixo o ranking das mellores puntuacións no xogo interactivo dos países:
RANKING PAÍSES DE EUROPA (480 PUNTOS POSIBLES). Noraboa a todos!


  1. Sabela Arincón 477 puntos en 243 segundos
  2. Mencía Gutiérrez 469 puntos en 224 segundos
  3. Nerea  Gamallo 467 puntos
  4. Mateo Fernández Casal 464 puntos en 308 segundos
  5. Mateo Fernández Ares 458 puntos en 391 segundos.
  6. Lois Bibián 446 e puntos en 272 segundos
  7. Brais Sánchez 426 puntos en 370 segundos
  8. Martina Novo 420  puntos 230 segundos
  9. Nicolás González 401 puntos en 301 segundos
  10. Uxía Cajide 392 puntos en 424 segundos
  11. Alejandro Sangermán 352 puntos en 416 segundos
  12. Leire García 322 en 874 segundos.
  13. Arón Mouriño 272 puntos en 262 segundos




- PÍDOVOS QUE ME MANDEDES AS ACTIVIDADES CANDO TEÑADES TODAS FEITAS: PODEDES MANDARMAS CON ACTIVIDADES ATRASADAS. SE QUEREDES IR MANDANDO CONFORME AS FAGADES, QUE SEXA EN GRUPOS DE ACTIVIDADES, NON DE UNHA EN UNHA.

- VOU SUBIR AS ACTIVIDADES OS LUNS pola mañá.

-TEDES UN PRAZO DE 2 SEMANAS PARA ENVIAR AS ACTIVIDADES DESTA ENTRADA, E AS ATRASADAS.

- OS PRAZOS SON FLEXIBLES, EN CASOS XUSTIFICADOS DE ENFERMIDADE, FALTA DE CONEXIÓN, ETC. SE DUBIDADES SE PODEDES MANDALAS O NON ESCRIBÍDEME! SEMPRE QUE FAGADES AS ACTIVIDADES MANDÁDEAS!

-SE ALGUÉN NON TEN ACCESO A INTERNET, PODERÁ FACELAS Á VOLTA.

-SE TEDES ACCESO A INTERNET E NON AS FACEDES, VÁISEVOS ACUMULAR O TRABALLO Á VOLTA, POIS TEREDES QUE FACER TODO XUNTO. CO CAL RECOMENDO QUE A XENTE QUE NON MANDOU NADA EMPECE A FACELO.

-SE NON SABEDES MANDAR FOTOS DO CADERNO, FACEDE AS ACTIVIDADES A ORDENADOR E DESPOIS XA AS IMPRIMIREDES E PEGAREDES NO CADERNO.

-SE TEDES CALQUERA TIPO DE PROBLEMA PARA ENVIALAS, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CONMIGO E BUSCAREMOS UNHA SOLUCIÓN.

-O FEITO DE FACER AS ACTIVIDADES, E OS POSITIVOS POR ENVIALAS, SUMARANSE DIRECTAMENTE Á NOTA DA TERCEIRA AVALIACIÓN.




 



ACTIVIDADE 1: KAHOOT SOBRE O TEMA 5: ROMA: Este tema aínda non o vimos na clase, co cal para resolver este kahoot, tedes que ler os 4 primeiros apartados deste tema: os apartados 1, 2, 3 e o 4 só ata o 4.1 (politeísmo), o 4.2 (cristianismo) non o hai que ler. Despois debedes intentar resolver o kahoot. Aquí podedes DECARGAR APUNTES


Tedes que entrar neste enlace https://kahoot.it/challenge/0549001?challenge-id=8b51fce1-9a4b-405e-8733-b127ef03c0ba_1585514807545 ou meter este pin 0549001. Tedes ata o día LUNS 6 DE ABRIL (PRÓXIMO LUNS) para facelo.  Recordade que LER PRIMEIRO OS APARTADOS que vos indiquei antes. Ao final subirei o ranking do kahoot cas puntuacións dos participantes.

Hai un novo tipo de pregunta chamada puzzle, na que teredes que ordenar feitos por orde cronolóxica (do que pasou primeiro ao que pasou de último). Para iso tedes que ordenar as opcións de arriba (o primeiro) a abaixo (o último).

A PUNTUACIÓN QUE SAQUEDES NO KAHOOT DA IGUAL, POÑERASE POSITIVO POR PARTICIPAR

NON É NECESARIO QUE ME MANDEDES FOTO DA PUNTUACIÓN DO KAHOOT PORQUE EU PODO VER TODO O RANKING, E ANOTAREI COMO POSITIVO A QUEN O FAGA.



ACTIVIDADE 2: DEBUXAMOS PERSONAXES MITOLÓXICAS:

PASO 1) ESCOLLER E DEBUXAR UN DEUS ROMANO: Quero que escollades un deus romano (que son os deuses gregos cos nomes cambiados) e que fagades un debuxo del nun folio ( ou se queredes noutro material podedes) e o pintedes co que queirades (acuarelas, rotuladores, pinturas, o que teñades na casa). E abaixo do folio, detrás do folio ou noutro folio escribades un pouco de información sobre el ou ela (en galego, como todos os traballos desta materia):

  •       nome grego e romano,   
  •      de que e deus ou deusa,  
  •     unha pequena descrición del e os seus atributos ou características que o distinguen do resto dos deuses (pode aparecer a información nunha web dun deus grego. Esa información valería porque os deuses gregos son os mesmos que os romanos pero cos nomes cambiados).
  •      algún mito no que apareza
  •      calquera información cursiosa
 No apartado 4.1. dos apuntes tedes os nomes de varios deuses, pero podedes escoller outros. O DEBUXO O PODEDES COPIAR DE CALQUERA IMAXE DE INTERNET, DUN LIBRO, ETC. NON CONSISTE EN DESCARGAR UN DEBUXO E PINTALO, O DEBUXO O TEDES QUE FACER VOS MESMOS COPIANDO A IMAXE QUE ESCOLLADES.
Se o sabedes da clase ou o queredes buscar, podedes poñer o nome dalgún mito no que apareza ese deus ou deusa.
Aquí vos deixo algúns exemplos para inspirarvos (son traballos da profesora Belén de latín do noso IES (non vale copiar, pero espero que sirvan de inspiración):. NON TEÑEN QUE SER COMO NESTAS FOTOS, OS DEBUXOS SON LIBRES, PODEDES PINTALOS E FACELOS CO MATERIA QUE QUEIRADES E CA IMAXE QUE MÁIS VOS GUSTE:







 PASO 2) ESCOLLER E DEBUXAR A UNHA PERSONAXE FANTÁSTICA DA MITOLOXÍA GRECORROMANA: Noutro folio facedes o mesmo pero cunha personaxe fantástica. Aquí déixovos exemplos de personaxes mitolóxicos que podedes debuxar, pero pode ser doutro que busquedes:
  • ·        Sereas
  • ·        Cíclopes
  • ·        Centauros
  • ·        Minotauros
  • ·        Ninfas
  • ·        O Fénix
  • ·        Esfinxes
  • ·        Cerbero
  • ·        Grifos
  • ·        Hidra de Lerna
  • ·        Gorgonas (Medusa)
  • ·        Pegaso
  • ·        Quimera
  • ·        Sátiros
  • ·        Titáns

Facedes o mesmo que co deus, escribides o seu nome e unha pequena descrición de como eran nos mitos. Poñede toda a información sobre eles que se vos faga cursiosa.

Se o sabedes da clase ou se non o buscades, podedes poñer o nome dalgún mito no que apareza ese ser mitolóxico.

O DEBUXO O PODEDES COPIAR DE CALQUERA IMAXE DE INTERNET, DUN LIBRO, ETC. FACEDE CADA DEBUXO NUN FOLIO E GARDÁDEOS NO CADERNO (NON OS PEGUEDES NEL, PORQUE CANDO VOLVAMOS PODEMOS FACER UN MURAL COS DEBUXOS).

Os debuxos son totalmente libres, podedes facelos do tamaño que queirades (mínimo o tamaño dun folio) e con pinturas, acuarelas, rotuladores, lápices, etc o material non me importa. Se queredes facer máis de un, tampouco me importa.


PARA TER UNHA NOTA TEDES QUE MANDARME FOTOS DOS DEBUXOS. ESPERO RECIBIR AS VOSAS OBRAS DE ARTE. PUBLICAREI ALGUNHAS NO BLOG😊




Aquí tedes un enlace onde podedes ver fotos dalgúns destes seres: https://es.slideshare.net/posse/seres-fantsticos-en-la-mitologa-griega



CURIOSIDADES: Queredes saber por que os días da semana se chaman así? Foi un invento dos romanos. Lede a explicación no seguinte enlace: http://etimologias.dechile.net/?di.as-de-la-semana


RECOMENDACIÓNS (Non hai que entregar nada)

RECOMENDACIÓNS DE VÍDEOS QUE VOS PODEN AXUDAR A ESCOLLER DEUSES E PERSONAXES:

Aquí vos deixo vídeos que vos poden axudar a escoller algún deus ou ser fantástico. Non é obrigatorio velos nin hai que facer nada con eles:

TOP 5 MITOS GRIEGOS: Perséfone, Grifo, Caja de Pandora, Ave Fénix, Némesis | Draw My Life https://www.youtube.com/watch?v=77YSVptwveM

TOP 5 MITOS Y LEYENDAS CLÁSICAS CRONOS MINOTAURO PROMETEO MEDUSA | Draw My Life https://www.youtube.com/watch?v=OzVRcq2wocA

Dioses de la mitología griega y romana https://www.youtube.com/watch?v=rObjlxx2MZQ

RECOMENDACIÓNS PARA ENTENDER MELLOR O TEMA DE ROMA (SÓ VER SE QUEREDES E VOS INTERESA, NON HAI QUE FACER NADA NIN ENTREGAR NADA):
Aquí tedes uns cantos vídeos que vos poden axudar a entender mellor a Roma Antiga:
Canal Ciencias Sociales: La Roma Imperial: Grandes Civilizaciones (a min este paréceme moi útil) https://www.youtube.com/watch?v=ISdcpaTVMWA

Canal “La cuna de Halicarnaso” (é a continuación do vídeo que xa víchedes): https://www.youtube.com/watch?v=F9ZZnLIFr-Y&t=811s

Canal “La Academia Play”: La Antigua Roma en 10 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=UF_yHrFP1Ls




RECOMENDACIÓNS DE LIBROS, SERIES E PELIS (FÓRA DO TRABALLO DE CLASE):
Fóra do traballo de clase, de vez en cando recomendarei series, libros e películas por si alguén lle interesan para facer esta cuarentena máis doada. A desta semana será “Anne with an E” (Ana con E)  de Netflix,  unha versión do clásico Ana de las Tejas Verdes, a historia dunha nena cunha imaxinación sen límites. Aquí vos deixo o tráiler: https://www.youtube.com/watch?v=M4T-_aB8smU . Se alguén a ve e lle gusta que mo comente no correo cando mande as actividades.













Ningún comentario:

Publicar un comentario

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...