luns, 27 de abril de 2020

SOCIEDADE ROMANA


Ola chicxs! Espero que esteades todos ben. O primeiro dicir que estou moi contenta cas vosas reseñas de Astérix e Obélix desta semana, son todos uns traballos estupendos!

Dito isto explícovos os pasos a seguir esta semana e abaixo unha actividade de recuperación da 2ª avaliación:

PASO 1: Ver as explicacións sobre a sociedade romana e as mulleres en Roma. Estes vídeos vanvos axudar para a actividade conxunta con lingua castelá da semana que ven. Polo tanto recoméndovos a súa visualización esta semana:

Sesión 1: A sociedade en Roma (apartados 3.1 e 3.2 dos apuntes) (12 minutos): https://www.youtube.com/watch?v=UZglt0pjir4&list=PLfAmNbeSBRG9FVzFqKx2InVTSzdh9hgTA&index=5&t=0s

Sesión 2: As mulleres en Roma (apartado 3.3 dos apuntes) (7 minutos): https://youtu.be/EddQ3xk0vQw

PASO 2: Ver algún destes vídeos de youtube que vos poden servir igualmente para a actividade da semana próxima, e que son moi interesantes:

Os espectáculos do Coliseo de Roma: https://www.youtube.com/watch?v=brT0H9ZnAws

Como era vivir no Imperio Romano?: https://www.youtube.com/watch?v=2j-mRWQmA6s

 9 maiores riscos de vivir na antiga Roma: https://www.youtube.com/watch?v=iZ1nFBELo3o

Como era ser neno na antiga Roma: https://www.youtube.com/watch?v=SAmqYjM_v2w

PASO 3: Prestade moita atención á explicación da profesora María Nión sobre os cómics pois vaivos servir para a actividade da próxima semana. Imos seguir traballando en conxunto estas semanas, polo que esta semana me remito á súa explicación para posteriormente pedirvos algo en conxunto.

PASO 4: Esta semana non hai actividades obrigatorias en historia.

PASO 5: ACTIVIDADE VOLUNTARIA: ART CHALLENGE (PRAZO LUNS 4 DE MAIO): Quedades oficialmente retados a realizar un art challenge.  Seríades capaces de reproducir unha obra de arte nas vosas casas? O reto consiste en escoller unha pintura ou escultura e intentar reproducir o cadro vós mesmos con cousas que teñades pola casa. Podedes aparecer con calquera persoa que se queira sumar ao reto, non tedes que só vós no reto!. É un reto que se está facendo moito nas casas co que tedes dispoñible nelas. 

 Teriades que mandarme ao correo a vosa foto e a do cadro real, así como o nome do cadro, o seu autor e o ano ou época aproximada na que se fixo, e unha breve descrición na obra (se atopades os datos). Se queredes tamén me podedes comentar no correo con que materiais fixéchedes o reto. 

Quen o faga será tido en conta para nota como positivo que sume na puntuación dalgún dos traballos que fixemos ata agora, e se tedes un 10 en todas que conte como positivo.

En clase estudamos un montón de obras de arte. Seríades capaces de convertervos no Laocoonte, na Vitoria de Samotracia, escenificar  ou o papiro do Libro dos Mortos co Xuízo de Osiris? Non tedes que facelo dunha obra da Historia Antiga, nin de unha obra que estudamos,  pode ser doutra época e podedes buscala vos.

RECORDATORIO DALGUNHAS OBRAS QUE ESTUDAMOS: LAOCOONTE, VITORIA DE SAMOTRACIA DISCÓBOLO, TRIBUNAL DOS MORTOS, TRÍADA DE MICERINO, AGUSTO PRIMA PORTA DOS APUNTES DE ROMA, ESFINGE DE GUIZA . O ESCRIBA SENTADO, BUSTO DE NEFERTITI, MÁSCARA DE TUTANKAMÓN, FIGURA ORANTE, ESTELA DE NARAM SIM, TRIBUNA DAS CARIÁTIDES, DIADÚMENO, DORÍFORO.

Aqui tedes algúns exemplos de retos xa feitos: https://los40.com.mx/los40/2020/04/03/album-01/1585923899_229004.html

ATREVÉDESVOS CO RETO?

















RECOMENDACIÓNS: RESUMEN DE TODA LA HISTORIA DEL ARTE https://www.youtube.com/watch?v=-LxxI2FcdFE  Aquí temos a unha youtuber chamada Ter  que fai un repaso de toda a historia del arte. É unha youtuber moi entretida e penso que vos pode axudar a escoller algunha obra.


RECUPERACIÓN DA 2ª AVALIACIÓN (PRAZO LUNS 4 DE MAIO): Para facer a actividade da 2ª avaliación podedes descargarvos aquí os apuntes dos temas 2 e 3: Mespotoamia e Exipto. DESCARGAR APUNTES. O traballo consistirá en escribir un relato


        Escribe un relato de extensión máxima e mínima dunha carilla (unha páxina, un folio só por unha cara).
        Este relato é inventado, e o único requisito é que este ambientado na antiga civilización exipcia.
         Cantas máis referencias ao visto en clase mellor, sen deixar de lado a vosa creatividade. Pode referirse a unha persoa humilde, a un faraón, aos deuses, ao descubridor de tesouros ou mesmo a uns ladróns de tumbas, a unha momia, un tesouro, etc.
   Ten que ser inventado pero si pode estar baseado na mitoloxía, lendas ou feitos históricos de Exipto e incluír personaxes coñecidos.
        Podes inspirarte en palabras, nomes, lugares, etc que aparezan nos apuntamentos ou no libro.
   Pode entregarse a man sacando unha fotografía ou a ordenador (eu prefiro a ordenador).
        Tamaño da letra 12, xustificado na marxe dereita (se seleccionades todo o texto e lle dades a Ctrl+J, se poñen todas as liñas á mesma altura.
        Sen faltas de ortografía, facede uso do corrector de faltas en galego!.
        Debe ter un título o máis orixinal posible.
        Podes incluír fotos ou debuxos feitos por ti se o desexas.
        Podes darlle diferentes aspectos, como o dun papiro.




xoves, 23 de abril de 2020

AVISO

Ola chixs, se alguén non recibiu resposta ao seu traballo destes días (luns, martes e mércores) que me avise, porque eu respondín todos os correos pero tiven problemas co correo. Todos deberíades ter resposta miña de todo o que mandáchedes e as puntuacións dos traballos. Se non é así avisade. Un saúdo.

martes, 21 de abril de 2020

AVISO

En ningún momento se píde na actividade que saibades editar vídeos, só se pide que fagades un vídeo normal ca reseña. Se alguén quere facer calquera cousa á maiores está ben, pero non pedimos iso como un requisito. Os exemplos de vídeos de booktubers era para que vírades como son os seus canais e que se dedican a recomendar libros, nada máis.

Tampouco se pide que fagades un canal de youtube nin que subades o vídeo a youtube. Soamente que gravdedes un vídeo normal finxindo que o vídeo é dun canal de youtube ficticio e que o mandedes.

Ten que ser de Astérix e Obélix, dun que teñades na casa (de feito podedes ensinalo no vídeo) ou dos pdf que deixei colgados. 

Ten que ser en castelán  o vídeo que gravedes.

luns, 20 de abril de 2020

POWER POINT

Aquí podedes descargarvos de novo o power point de Roma ca nova versión que inclúe a explicación de Astérix e a Guerra das Galias. DESCARGAR POWER POINT

AVISOS

Dúas aclaracións:


  • O traballo ten que ser en castelán para que o poda avaliar a profesora de castelán.
  • Vale utilizar un cómic que teñades na casa de Astérix , de feito podedes ensinalo no vídeo.

domingo, 19 de abril de 2020

ASTÉRIX E OBÉLIX + RECUPERACIÓN


Ola chicxs! Espero que estedes todos ben.  Vou explicar primeiro o que imos facer esta semana e despois explicarei como vai ser a recuperación da materia. O prazo de entrega da actividade desta semana é o Luns 27 de abril.

PASO 1: VER A EXPLICACIÓN SOBRE ASTÉRIX E OBÉLIX E A GUERRA DAS GALIAS: Queredes saber que teñen que ver Astérix e Obélix ca clase desta semana? Pinchade neste enlace https://www.youtube.com/watch?v=GKGR-6HuJV0 e atoparedes a miña explicación sobre A Guerra das Galias que se produciu entre Julio César e as tribos galas. Nel veredes a relación deste episodio histórico con estas personaxes de cómic. Ten unha duración de 11 minutos.

PASO 2: A TAREFA DESTA SEMANA: LER UN CÓMIC: Nesta páxina poderedes atopar máis de 30 cómics de Astérix e Obélix en pdf. Debedes escoller un para ler ao longo desta semana. Os cómics como saberedes lense rápido porque na súa maioría son imaxes. Esta é a páxina:


Aquí tedes máis páxinas con máis cómics destas personaxes:




PASO 3: CONVERTERVOS EN BOOKTUBERS: Un booktuber é unha persoa que dedica o seu canal de youtube a facer reseñas de libros e a dar a súa opinión sobre eles. O que quero que fagades nesta semana é unha reseña do cómic que escollíchedes para ler. Facedes un vídeo no que tratedes as seguintes cuestións sobre o Cómic:

  1. Nome do canal e saúdo de inicio: Podedes poñerlle un nome ao voso canal de youtube ficticio, e crear un sáudo de inicio para os vosos suscriptores.
  2. Facer unha reseña ou opinión do cómic que constará das seguintes partes que debedes mencionar no voso vídeo:
  • 1. Mencionar o título do cómic que escollíchedes.
  • 2. Resumo do cómic: breve e sen contar toda a historia, só contar o principal sobre o que trata o cómic.
  • 3. Contexto histórico: Aquí tedes que explicar aos vosos suscriptores moi brevemente que foi a Guerra das Galias, acontecemento que inspira os cómics de Astérix e Obélix. A explicación a tedes no meu vídeo desta semana, só tedes que contar cas vosas palabras o que entendíchedes.
  • 4. Autor: Comentar quen é o autor e se queredes algunha cousa sobre él.
  • 5. Análise: Ten varios apartados:
  •  Acción (trama): opina sobre o que pasa na historia e sobre o contido da historia en    xeral. É dicir, contar se a trama che parece entretida ou non e por que.
  • Personaxes: Mencionar ás personaxes principais e secundarias, e dicir cales vos  gustaron máis, cales menos, e por que.
  • Debuxos: Opinión sobre as ilustracións do cómic.
  • 6. Conclusión: dade a vosa opinión sobre o cómic, se o recomendades ou non e por que.
Sede sinceros, se pode facer unha boa reseña sen que che guste un libro e non o recomendes. 
O traballo ten que ser en castelán. Podedes engadir calquera cousa que queirades de información, efectos, música, etc.         
PASO 4: EXEMPLOS DE BOOKTUBERS: Aquí vos deixo un vídeo de Javier Ruescas falando sobre os cómics de Astérix, sería bo que o vírades para saber máis do tema:

ASTÉRIX Y OBELIX | HISTORIA REAL, VERDAD Y MITO: //www.youtube.com/watch?v=w57LvIHQw3w

Déixovos dous vídeos máis para que vexades diferentes canais de booktubers:

VILLANOS DE DISNEY | LA EVOLUCIÓN | PARTE 1: https://www.youtube.com/watch?v=iiX_Fafh7zE


9 SITIOS PARA DESCARGAR LIBROS GRATIS Y DE MANERA LEGAL: https://www.youtube.com/watch?v=XK7jR5VaXO4 

. Se vedes algún dos vídeos contádeme a vosa opinión no correo. 

PASO 5: MANDAR O VÍDEO: Para que saibades mandar o voso vídeo fixen eu un e subino a youtube, explicándovos como mandar vídeos longos por gmail. Aquí tedes o enlace:  https://www.youtube.com/watch?v=4JVKNoNXTMQ. Tedes que mandarme o vídeo ao correo. Se tedes calquera problema mandádeme un correo ou por instagram. Tedes de prazo ata o Luns 27 de abril. Calquera dúbida ou problema enviádesma ao correo ou por instagram.

PASO 6: ESTA ACTIVIDADE VAI CONTAR PARA A NOTA EN DÚAS MATERIAS: Vou puntuar esta actividade con nota na miña materia, pero ademais, cando me mandedes ao correo o vídeo, deberedes mandarllo tamén á profesora María Nión.  Non o mandedes dúas veces, simplemente metede o correo das dúas no mesmo. O traballo ten que ser en CASTELÁN, para que a profesora de lengua poda avaliala.

A mesma actividade vai ser puntuada en historia pero tamén en lingua castelá.  Deste xeito traballando o mesmo teredes unha actividade que conta en dúas materias. Se vos fixades o guión que tedes que utilizar é unha versión do que fixechedes con ela en máis dunha actividade. 

Así que cando me mandedes o vídeo, non esquezades mandarllo tamén á profesora de castelán, pois esta é unha actividade en colaboración entre os dous departamentos.  Cada profesora poñerá a nota en base aos seus propios criterios, polo que as notas serán diferentes. 



RECUPERACIÓN: Para recuperar a materia hai que facer as actividades ordinarias que tedes que facer todos cada semana, e ademais, facer as actividades de recuperación semanalmente que terán o mesmo prazo que as outras (de luns a luns). Só tedes que facer as actividades da avaliación ou avaliación que suspendíchedes. Exemplo: se unha semana mando unha actividade da primeira avaliación, pero ti suspendiches só a segunda, só tes que facer as actividades que non son de recuperación esa semana.

As actividades de recuperación TEÑEN QUE ESTAR BEN FEITAS con boa presentación, con todo o que se pide, cunha extensión aceptable. Non van valer como recuperación se se mandan por mandar ou mal feitas.

ACTIVIDADE DA 1ªAVALIACIÓN: TEMA 1: PREHISTORIA: Esta semana os que teñades que recuperar a primeira avaliación, teredes que facer o seguinte:

PASO 1: Descargarvos os apuntes se non os tedes na casa, da primeira avaliación Tema 1 A prehistoria DESCARGAR APUNTES RECUPERACIÓN

PASO 2: Buscar nos apuntes un acontecemento ou feito sobre a Prehistoria (por exemplo: o descubrimento de algo).

PASO 3: Redactar unha noticia como se fósedes periodistas nesa época, que estades recollendo unha noticia sobre ese feito.  Teredes que explicar en que consiste como se fósedes periodistas. Non o podedes inventar, ten que ser algo que aconteceu na Prehistoria e sobre o que vós podades facer unha noticia.:

  • Ten que ter un título. 
  • A ordenador debe ter un tamaño de letra non superior a 12. Salvo no título que pode ter un tamaño maior.
  • Estar ben redactada.
  • Non ter faltas de ortografía.
  • Entenderse a letra se se fai  man. Podedes facelo a man ou a ordenador. Se podedes eu prefiro a ordenador, e nese caso engadídelle fotografías. Se o facedes a man engadide un debuxo.
  • Extensión mínima de 15-20 liñas.
  • Non é suficiente con copiar e pegar información. Tedes que redactalo vos mesmos (nótase bastante cando non é así). Tampouco consiste en inventar unha noticia, consiste en ler sobre a revolución e redactar vos mesmos unha noticia sobre ela.
  •     Se a mandades a ordenador poñédea co voso nome e apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez4A.
     PASO 4: Retransmitir a noticia por televisión (vídeo). Mandádeme un vídeo contando a vosa noticia como se fose un informativo. Despois me mandades o vídeo xunto ca noticia redactada. Podedes poñerlle nome ao voso programa de televisión/ informativo, poñerlle música de fondo, en definitiva, engadirlle todos os elementos que vos apeteza e que fagan máis realista a retransmisión.

Tedes de prazo ata o Martes 28 de abril. Debedes mandar esta actividade e tamén a actividade de Astérix e Obélix (Luns 27 de abril). Calquera dúbida ou problema enviádesma ao correo ou por instagram.


OUTROS RECURSOS: Tamén  quérovos deixar un recurso moi útil que me compartiu a vosa compañeira Martina. Se pinchades nos enlaces podedes visitar virtualmente as tumbas dalgúns faraóns e raíñas antigas de Exipto:




luns, 13 de abril de 2020

ROMA 2


Ola chicxs! Espero que tiverades unha boa semana. Como vos dixen hoxe remata o prazo para mandar as actividades atrasadas. As actividades serán semanais, as subirei os luns e teredes de prazo ata o luns seguinte para envialas. Se tedes problemas para mandalos faládeme por favor.

Calquera dúbida faládeme ao correo ou ao instagram: nerea_aprofedehistoria.

EXPLICACIÓNS EN YOUTUBE: A partir de agora, como vamos a avanzar en materia decidín deixarvos colgadas nas clases vídeos en youtube no que eu explico a presentación do tema. Podedes acceder a eles a través do enlace. Van a ser vídeos por apartados, para que non sexan tan longos e porque se non é moi difícil subilos.

Aquí tedes os enlaces das dúas primeiras sesións, que en total serán uns 50 minutos, o equivalente a unha clase presencial. Quedáronme un pouco longos, a partir de agora espero facelos máis curtos.


Neste primeiro vídeo explico os apartados 1 (Orixe de Roma) e 2.1 (época da Monarquía) e 2.2. (época da República) dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=0qgqX-ufg78&t=6s

No segundo explico o apartado 2.3 (época do Imperio) dos apuntes: https://www.youtube.com/watch?v=drEVysKDdPQ

Tedes que velos e tedes os apuntes para calquera cousa poder consultalos. Deberiades ler os apartados 1 e 2 despois de ver as explicacións.  Calquera dúbida escribídeme no correo, e tamén podedes comentarme se entendedes os vídeos. Os comentarios están desactivados non sei por que, a ver se o podo arreglar. Estes primeiros apartados son os máis densos, así que non vos preocupes se resultan máis complexos, é normal.

ACTIVIDADE: CREAR A VOSA PROPIA PERSONAXE NA ANTIGA ROMA (PRAZO LUNS 20 ABRIL):

PASO 1: LER O EXEMPLO QUE VOS DEIXO: Déixovos unha lectura na que podedes ver a historia do “lexionario Caius” na súa visita a Roma. No documento podedes ver ademais os principais monumentos da Antiga Roma. DESCARGAR LECTURACAIUS

PASO 2: CREAR A VOSA PROPIA HISTORIA: Quero que o leades e despois inventedes vos unha personaxe desa época, e que describades un pouco como é:  o seu nome, se é home, se é muller, se é estranxeiro, se é un emperador, un escravo, un soldado, onde naceu, a que se dedica etc. Tedes información sobre as diferentes persoas que vivían en Roma no apartado 3 dos apuntes.
 Despois explicades como é a vosa vida.

 Finalmente contade como dades un paseo pola antiga Roma e visitade 3 dos monumentos que aparecen no pdf que vos mando ca historia do lexionario Caius (as termas, o templo, o circo máximo, o anfiteatro, etc). Escollede os 3 que máis vos gusten e contade que cousas pode ver ou facer a vosa personaxe cando acude a eles. Pensade que ten que ser como se dese un paseo nesa época, é dicir, tedes que explicar que podía facer neses lugares nesa época (Aviso a navegantes para que ninguén o mande a un museo ou algo así).

Redactades o texto e me mandades unha foto da libreta ou o facedes a ordenador.

PASO 3: ENVIAR O TRABALLO: Mandades a reacción ao meu correo.

Do documento do “Lexionario Caius” só tedes que ler o  texto e mirar as imaxes para inspirarvos, non tedes que facer os exercicios que aparecen, só tedes que facer a redacción. O prazo para enviar os o traballo é o próximo LUNS DÍA 20 DE ABRIL.

DESCARGAR APUNTES ROMA, PRESENTACIÓN DE POWER POINT E LECTURA DO “LEXIONARIO CAIUS”: Tamén vos deixo a presentación de power point, a lectura do lexionario Caius e os apuntes outra vez DESCARGARAPUNTES+ POWER POINT ROMA+ LEXIONARIO CAIUS

RECOMENDACIÓNS: Aquí tendes algúns vídeos para inspirarvos sobre como era a vida na antiga Roma:

Canal Ciencias Sociales: La Roma Imperial: Grandes Civilizaciones https://www.youtube.com/watch?v=ISdcpaTVMWA

Canal “La cuna de Halicarnaso” (é a continuación do vídeo que xa víchedes): https://www.youtube.com/watch?v=F9ZZnLIFr-Y&t=811s

Canal “La Academia Play”: La Antigua Roma en 10 minutos: https://www.youtube.com/watch?v=UF_yHrFP1Ls


Documentais: 

Aquí tedes un documental sobre os eficicios de Roma: https://www.youtube.com/watch?v=aCoJ3r1LV0s

E un documental sobre as 7 maravillas da Roma Antiga: https://www.youtube.com/watch?v=rqK0pykmeUk

luns, 6 de abril de 2020

SEMANA SANTA



Ola a todxs!

Como estamos en vacacións de Semana Santa, esta semana non subirei actividades novas para facer. Recordade que tedes ata o LUNS 13 DE ABRIL para mandarme as actividades atrasadas. 

Déixovos o ranking do kahoot. As persoas que non deixaron clara a súa identidade foron eliminadas da lista. Hai que deixar clara a indentidade da persoa que fai o kahoot. Se tedes problemas e tedes que facelo dúas veces tedes que avisar tamén.


  1. Mateo 1ºA         
  2. Elena Rivas        
  3. Martina            
  4. Samuel  
  5. Esteban               
  6. Lia          
  7. María  
  8. Luisa      
  9. Xoel      
  10. Carme Álvarez   
  11. Claudia 
  12. Alba    
  13. Laura Vidal         
  14. Mateo 1º C        
  15. Sabela Arincón
  16. Xian Tato 1C    
  17. Nico 1B 
  18. Carlos  
  19. Luis Balo             
  20. Paula Nercellas 
  21. Nerea    
  22. Aroa Antelo        
  23. Javier Sanmartín             
  24. Kilian    
  25. Pablo 1ºC           
  26. Ruth  
  27. Lois        
  28. Marcos 1b          
  29. Andrés1A          
  30. Anxo     
  31. Noelia 1ºB          
  32. David VC           




RECOMENDACIÓNSSe estades aburridos, esta Semana Santa recoméndovos algunhas películas para ver (que si, son históricas de casualidade). Se vedes algunha e vos gusta comentádemo por correo. Déixovos o argumento das pelis, os tráilers e os carteis:

Gladiator (2000): Narra a vida de Máximo, un hispano do Imperio Romano que é obrigado a converterse en gladiador. Sen dúbida moi recomendable para tratar o tema de Roma.  https://www.youtube.com/watch?v=1SWJZ2rkeqk

Ágora (2009): É unha película de Amenábar, ambientada en Alexandría (Exipto) durante o baixo Imperio Romano. A protagonista é a famosa Hypatia de Alexandría, unha muller que destacou na súa época como filósofa e científica, e que mesmo chegou a dirixir a escola platónica desta cidade. https://www.youtube.com/watch?v=XVSTwtmYXIw 

La momia (1999): Película de aventuras en Exipto na que veremos a unha arqueóloga e a un cazatesouros en problemas por culpa de certa momia que volve á vida. Se vos gusta, ten segunda e terceira parte. https://www.youtube.com/watch?v=9sK9psMDCYk

  La vida es bella (1997): Ambientada na Segunda Guerra Mundial, narra a historia dun pai que intenta facer que o seu fillo non sufra as penurias da guerra utilizando a súa imaxinación. https://www.youtube.com/watch?v=Tw33Xs4Q2r4

Sufraxistas (2015): Sobre un grupo de mulleres na súa loita pola adquisición do voto feminino. https://www.youtube.com/watch?v=XVw1MUzjthI 
    
     Regreso al futuro (1985): Non é unha película histórica, pero si de viaxes no tempo na que podemos ver diferentes épocas históricas, e simplemente mola moito. Ten dúas películas que continúan a historia, se vos gusta a primeira xa sabedes  https://www.youtube.com/watch?v=NDS1myoYUzs 
















UN SAÚDO A TODXS! ESPERO QUE ESTEDES BEN :) 

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...