luns, 15 de xuño de 2020

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo voso traballo, esforzo e actitude nuns momentos tan complicados. Non foi fácil para ninguén pero vós a pesar da vosa idade demostráchedes as máis das veces madurez e responsabilidade. 

Este ano non foi soamente o ano da pandemia mundial, tamén foi o ano do voso curso de 1º de ESO, e penso que todos temos máis cousas que recordar. Volvendo atrás no tempo, recordo o primeiro día de clase e o nerviosos que estabades, lóxico, empezábades o instituto, polo que este ano foi unha aventura tremenda. Penso que vos adaptáchedes marabillosamente e que en pouco tempo xa estabades a gusto no insti. 

Eu o que recordarei dos meus alumos de primeiro deste ano, é a implicación, ilusión, esforzo e  alegría que lle poñían a todo. Gracias por aceptar todas as propostas cun sorriso e poñéndovos mans á obra sen dubidar. Entre esos momentos podemos destacar as obras de teatro (migraña para a profe incluída no traballo) nas que creábades historias incribles da nada e por uns momentos a clase se  podía convertir nunha pirámide, nun mito grego, etc ao mesmo tempo que sonaba Beyoncé de fondo ou calquera música actual. Neses momentos todos nos sentabamos a ver aos compañeiros e por uns minutos parecía que non estabamos na clase. Moitas gracias por iso.

Tamén podemos destacar os debates, os xogos, os concursos de TV (nos que eu sustituín a Cristian Gálvez como presentador de Pasapalabra), as asembleas gregas (revolución das alumnas con pancartas incluídas), a creación de parques temáticos, informativos dende a Prehistoria, cantar para aprender columnas gregas e moitos momentos máis. En todos eles, non díchedes ningún traballo e axudáchedes a que fose moi fácil realizar todas estas actividades. Moitas gracias por iso tamén.

Teño que mencionar o mes de febreiro porque sen darnos conta convertiuse nun dos meses máis divertidos do ano. Sin ser obrigatorio, esforzáchedesvos moitísimo e entre todos pasamos o mes creando coreografías, facendo piruetas (bueno eu nesa parte estiven máis ausente jeje), bailando e cantando nos recreos e divertíndonos entre todos. Eran ensaios para un día soamente, pero creo que todos disfrutamos moito todo o mes, que en concreto para min foi moi especial.

Soamente vos pido que agora que xa non sodes os peques do instituto, non perdades a vosa ilusión, curiosidade, alegría e positividade por aprender e por facer cousas diferentes. Espero que maduredes sen deixar de ser eses nenos que se disfrazaban e montaban un teatro con música, disfraces e escenario no medio dunha simple aula. Nunca perdades esa ilusión nin esas ganas.

Espero que recordemos este ano non só polos malos momentos se non tamén por todos os bos que foron moitos en todos os cursos, pois como sabedes 1º ESO é un curso moi especial. 

Aos meus alumnos de 1ºA, gracias por esa curiosidade enorme que tiñades e polas ganas que lle poñíades a todo, e iso que sempre tiñamos a última hora clase, pero aínda así o pasabamos estupendamente e aprendíamos un montón, incluso bailamos como zombies e todo (e se escoitaban as pegadas no piso de abaixo). Aos meus alumnos de 1ºB por ser sempre os máis revolucionarios e non conformarse, por darme moitísimos momentos de risas, de reflexión e tamén,  por darme sustos de morte (chicos, o da cobra de goma no ordenador, nunca máis por favor). Aos meus alumnos de 1ºC por ter sempre máis mans levantadas que baixadas, por aplaudir en linguaxe de signos, por deixarme ca boca aberta coa vosa imaxinación e por bailar Queen nos recreos e morrer da risa.


Deséxovos o mellor no futuro a todos. Unha aperta moi grande.

A profe de historia. 

luns, 8 de xuño de 2020

AVISO IMPORTANTE

Ola  a todos, acaban de informarnos de que a actividade lectiva ordinaria remata o venres 12 de xuño, co cal cámbiase a data de realización dos kahoots para o venres  12 de xuño.


Calquera cousa que queirades mandar atrasada ten esa data máxima de entrega.



As reflexións podedes mandarmas igualmente nesta semana ou na próxima.


Seguide consultando o blog ata o 22 de xuño pois colgarei indicacións sobre a recuperación en setembro. Tamén subirei unha entrada o próximo luns.


 Un saúdo a todos!

AVISO

Mandádeme as reflexións ou dúbidas ou o que precisedes nesta semana mellor a este correo nereamiguelezgonzalez@gmail.com que me está dando menos problemas que o outro.

POBOS PRERROMANOS 2

Ola chicxs! Desculpade o retraso na subida da entrada, pero tiña problemas para subir os vídeos. Nos adentramos na última semana do curso, e para esta semana debedes ver o vídeo da semana pasada se aínda non o víchedes, e o desta semana. Ambos tratan sobre os pobos prerromanos que habitaban a Península Ibérica antes da chegada dos romanos.

Aquí vos deixo o vídeo desta semana: Pobos prerromanos 2 (apartados 2, 3, 4 e 5 dos apuntes): https://youtu.be/a3ExyId01QM

Tamén vos deixo os apuntes que se corresponden co vídeo desta semana e da pasada, do Tema 6: Pobos prerromanos e Hispania romana DESCARGAR APUNTES

Unha vez saibades de que trata o tema teredes dous kahoots para facer ao longo da semana:


Tedes ata o venres 12 de xuño para mandar facer os kahoots. Aplícase a mesma data para actividades atrasadas.


Nestes kahoots pode haber preguntas do tipo open-ended isto é preguntas de final aberto ou de escribir, non tipo test ou de verdadeiro ou falso. Nestas preguntas teredes que escribir vos mesmos a resposta, que é sempre unha única palabra.


Estas son as últimas actividades do curso, así que a xogar!


Por outra parte, para quen poida e quera facelo esta semana vou explicar o que vou pedir o luns que ven, e se queredes podedes mandarmo esta semana. Quería pedirvos que me escribírades un email cunha reflexión sobre este curso na materia de historia, e sobre todo o que pasou nestes meses tan excepcionais en xeral. Esta é unha actividade que eu sempre pido de xeito presencial en forma de carta, pero como así non pode ser a pido como email.

Quero que me contedes:

  •  Que foi o que máis vos gustou de actividades na materia de historia (presenciais e de cuarentena) e o que menos e por que. 
  • Que temas vos gustaron máis e cales menos e por que. 
  • Con que vos quedades este curso,
  •  cousas que pensades que podo mellorar eu como profesora, 
  •  se pensades que aprendíchedes en xeral ou non, etc.
  •  En definitiva, unha reflexión sobre todo o que fixemos este ano, e a aportación que vos deu a materia persoalmente. 
  • Tamén me podedes contar como vívichedes estes meses de confinamento e a vosa opinión sobre o cambio de presencial a online na materia. 
  • Calquera cousa que me queirades comentar.


O luns colgarei eu tamén a miña propia reflexión sobre o tema, e pídovos que nesta semana ou a seguinte, lle dediquedes uns momentos a esta valoración, pois a min axúdame moito de cara ao curso seguinte.

O próximo luns non pedirei nada, só esta reflexión que me podedes mandar xa esta semana.

FELIZ SEMANA A TODOS! :)

AVISO

Ola chicxs, estou tendo uns problemas ténicos para subir a entrada de hoxe. Tereino solucionado pola tarde, e previsiblemente é cando ides ter a nova entrada do blog. Un saúdo.

luns, 1 de xuño de 2020

AVISO

Por favor, nos próximos traballos que me mandedes poñede como título do documento se o mandades a ordenador, nome, apelido e curso. Exemplo: NereaMiguelez1A

Xa tedes dispoñible a ligazón do vídeo desta semana en youtube. A tedes na entrada anterior que actualicei hoxe.

Un saúdo a todos.

POBOS PRERROMANOS

Ola chicxs esta semana empezo a explicar o Tema 6: Pobos prerromanos e Hispania romana. Déixovos aquí o vídeo explicando o apartado 1 do tema: https://www.youtube.com/watch?v=Kc-eXQhntcs

Para os que necesitedes consultar algo da carpeta de drive, como a película ou os exercicios, aquí podedes: https://drive.google.com/drive/u/0/folders/1pZmgkjN4A_ysUCAHaFDy1rdG5jY-D2lh

Esta semana non hai novo traballo porque tedes pendente o traballo da semana anterior. A data máxima de entrega é o Luns 8 de xuño. 




Boa semana a todos! :)

CARTA ABERTA AOS MEUS ALUMNOS DE 1ºESO

Ola a todxs, chegou a última semana de curso despois duns meses moi complicados para todos. O primeiro que quero facer e felicitarvos polo ...